miniatura|400x400px|Anverso e reverso do medio dólar colombiano de 1892 O medio dólar colombiano é unha moeda de prata dese valor facial cuñada pola Casa de Moeda dos Estados Unidos en 1892 e en 1893, con motivo da Exposición Mundial Colombiana, celebrada en Chicago en 1893 para conmemorar o IV centenario da descuberta de América por Cristovo Colón. Trátase da primeira moeda conmemorativa dos Estados Unidos e tamén a primeira dese país que representou un personaxe histórico."½ Dollar Columbian Exposition". Numista."Silver Commemoratives: 1893 Columbian 50C". Numismatic Guaranty Corporation.
A moeda xurdiu do desexo dos organizadores da Exposición Mundial Colombiana de recibir financiamento federal para completar a construción da infraestrutura feiral. O Congreso garantiulles unha asignación e permitiulles que esta fose en forma de moedas de medio dólar conmemorativas, que os lexisladores e os organizadores prevían comercializar cunha prima. Un dos encargados da mostra, James Ellsworth, propuxo que o deseño da nova moeda estivese baseado nun retrato que posuía, obra de Lorenzo Lotto, que se considerou que representaba a Cristovo Colón. Os esbozos iniciais do gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Charles E. Barber, non resultaron satisfactorios e os organizadores da mostra propuxeron un deseño do artista Olin Levi Warner que, tras ser modificado por Barber e polo seu axudante, o gravador auxiliar George T. Morgan, foi aprobado pola Casa da Moeda."Coin Profile – 1892-1893 Columbian Exposition Half Dollar ". En Coins Weekly. 8 de outubro de 2018.
Cuñáronse inicialmente arredor de cinco millóns de pezas, unha cantidade que finalmente foi superior á demanda, polo que aproximadamente a metade delas se fundiron novamente sen chegar a saír á circulación. Porén, a emisión non arranxou os problemas financeiros da mostra, xa que se venderon menos de 400.000 moedas, das que se obtivo a correspondente prima, e outros dous millóns de pezas se puxeron en circulación, onde permaneceron ata a década de 1950.
Especificacións As características que definen o medio dólar colombiano son as seguintes:
Datas: 1892-1893. Valor: 1/2 dólar (50 centavos). Ceca: US Mint (ceca de Filadelfia). Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Peso: 12,5 g. Diámetro: 30,61 mm. Canto: estriado. Grosor: 2,15 mm. Tiraxe distribuída: 950.000 en 1892 e 1.550.405 en 1893 (a cuñaxe total foi de 5.002.105 pezas, das que se refundiu a metade). Anverso: retrato de Cristovo Colón ollando á dereita. Deseñador: Charles E. Barber. Lenda: * UNITED STATES OF AMERICA * COLLUMBIAN HALF DOLLAR Reverso: a nao Santa María navegando cara ao oeste, sobre dous planisferios, que dividen a data 1492. Data no exergo. Deseñador: George T. Morgan. Lenda: WORLD'S COLUMBIAN EXPOSITION CHICAGO 14 92
Historia
Contexto: a Exposición Mundial Colombiana En 1890, o Congreso aprobou unha normativa pola que se lle outorgou o patrocinio federal a unha exposición conmemorativa do 400 aniversario da primeira viaxe de Cristovo Colón ao Novo Mundo. A lexislación establecía a creación dunha Comisión da Exposición Mundial Colombiana para supervisar a mostra e a institución en Chicago da Compañía da Exposición Mundial Colombiana (coñecida como "A Compañía"), para xestionar a construción das infraestruturas da exposición.
O lugar escollido para a mostra foi un terreo de 2,77 quilómetros cadrados nas beiras do lago Michigan. Os edificios foron de estilo neoclásico, con influencias das arquitecturas grega e romana, e construídos dunha mestura de xeso branco e cánabo que semellaba mármore. O presidente Benjamin Harrison invitou a toda a poboación a participar; estiveron representados todos os estados dos EEUU e moitos países estranxeiros construíron tamén os seus propios pavillóns.Moran, M. F. (2008). Páxinas 71-72.Bowers, Q. D. (2008). Páxina 4.Goldberg, I. (2011). Páxina 171.
Prolegómenos esquerda|miniatura|Reprodución do cadro de Lorenzo Lotto, que se considerou que representaba a Cristovo Colón. Os esforzos para promover unha moeda conmemorativa para a exposición comezaron cara a xaneiro de 1892. Esta posibilidade foi defendida moi decididamente polo industrial James Ellsworth, encargado do Comité de Artes Liberais da Compañía da Exposición Mundial Colombiana (The Company: "A Compañía" ), que se encargaba da construción das infraestruturas. Ellsworth adquirira había pouco tempo un retrato do século XVI obra de Lorenzo Lotto, de alguén que daquela se considerou que era Cristovo Colón, e quería que o deseño da moeda estivese baseado naquel retrato. Foi asesorado neste asunto polo escritor e xornalista William Eleroy Curtis, que tamén foi un dos encargados da exposición. En abril de 1892, os partidarios da cuñaxe conmemorativa conseguiron o apoio do director da Casa da Moeda, Edward O. Leech, que proxectou unha moeda caracterizada por un retrato de Colón nunha das súas faces e unha lenda acaída na outra. Curtis era moi consciente das dificultades que houbera para a realización da moeda de medio dólar de prata da serie Barber en 1891, deseñada polo gravador xefe da Casa da Moeda, Charles E. Barber. A proposta das moedas conmemorativas recibiu moitas críticas e Curtis aconsellou a Ellsworth que tomase o control do proceso do seu deseño para garantir o seu éxito e o uso do retrato de Lotto.Moran, M. F. (2008). Páxina 76. Ningunha moeda dos Estados Unidos amosara ata a data o retrato dunha persoa, aínda que si o da personificación da Liberdade.Vermeule, Cornelius (1971). Páxina 91.
En maio de 1892, parecía que cumprían fondos adicionais para completar os edificios da exposición. A Compañía vendera accións e a cidade de Chicago emitira bonos para o pagamento da exposición, mais os custos da construción foran claramente infravalorados. A Compañía pediu unha subvención de cinco millóns de dólares ao Goberno federal para completar as obras. Cando o Congreso se opuxo a unha asignación directa, os que a apoiaban propuxeron que os cinco millóns de dólares fosen en forma de moedas de medio dólar que puidesen venderse tamén en lembranza do evento. Estábase a propor que os Estados Unidos emitisen por primeira vez unha moeda conmemorativa. Os organizadores previron que as moedas poderían venderse ao público ao dobre do seu valor facial. A prata podería provir da fundición das moedas obsoletas e gastadas cuñadas nese metal que xa recollera o Tesouro dos EEUU, polo que ao Goberno non se lle xerarían máis que os custos da produción.Moran, M. F. (2008). Páxina 75. Durante o debate sobre esta partida orzamentaria, o senador de Iowa William B. Allison argumentou acerca das moedas: "non serán só lembranzas dese día e para esta xeración, senón que serán transmitidas [...] aos 200 millóns que habitarán aquí no futuro. Os cativos chorarán por elas e os vellos as pedirán". O senador de Ohio John Sherman advertía de que "a grande cantidade de medios dólares acabaría co seu valor como recordo".Schefler, E. (2011). Páxina 55. Finalmente, o Congreso aprobou mediante unha lei do 5 de agosto de 1892 un orzamento de 2,5 millóns no canto dos cinco millóns.Lange, D. W. (2006). Páxina 126.
miniatura|350x350px|Esbozos orixinais de Barber para o medio dólar colombiano (agosto de 1892). En xullo de 1892, Curtis enviou unha fotografía do cadro de Lotto a Leech, que consultou con Barber e respondeulle que o gravador non ía utilizar para unha moeda o retrato de alguén ollando cara a adiante. Como Barber podía cuñar a moeda con Colón de perfil, Curtis arranxouno procurando un escultor de Washington, pouco coñecido, Ulric Stonewall Jackson Dunbar, para crear un busto baseado no cadro a expensas da Compañía. Cando este se finalizou, envióuselle a Barber a Filadelfia, onde Barber realizou uns esbozos o 15 de agosto, que logo lle presentou ao director en funcións da ceca, Robert E. Preston, xa que Leech estaba de vacacións. Preston enviounos ás autoridades da exposición en Chicago. Ellsworth amosoullos aos artistas que traballaban na exposición e tamén á prensa. Os artistas criticaron os esbozos e os xornais suxeriron que parecían representar máis ben un profesor co cabelo longo que o célebre mariño. Esta controversia, unida ao debate público sobre se o cadro representaba verdadeiramente a Colón, provocou que Ellsworth acabase por rexeitar o uso daquel cadro.Moran, M. F. (2008). Páxinas 79-80.
Preparativos miniatura|Medalla na honra do director da Casa da Moeda, Edward O. Leech, obra do gravador xefe, Charles E. Barber A principios de agosto, o artista Frank Millet propuxo que o director de decorados da exposición, Olin Warner, deseñase a moeda. Warner realizou un perfil de Colón que non estaba baseado no retrato de Lotto. Para o reverso puxo a Santa María, a nao capitá de Colón, sobre dúas esferas que representaban os hemisferios, aínda que sen o mapa dos continentes. A proposta de Warner foi eloxiada polos escultores que traballaban no recinto da exposición. Edward O. Leech, director da ceca, tamén participou ao regreso das súas vacacións o 26 de agosto, enviándolles aos organizadores da exposición unha xilografía baseada na medalla oficial española do IV Centenario do Descubrimento de América, realizada por Bartolomé Maura, e acordou co Departamento de Estado que adquirise unha na embaixada estadounidense en Madrid.Moran, M. F. (2008). Páxinas 76, 80-81. Logo de comprada, a medalla española pasou a formar parte da colección pública de moedas dos EEUU (National Numismatic Collection), que forma parte dos fondos do Instituto Smithsoniano.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 58.
A ceca estadounidense estaba disposta a cederlle á Compañía o deseño (Ellsworth retirou a súa decisión de non permitir o uso da súa pintura a fins de agosto), pero o Comité de Finanzas da Compañía non puido tomar unha decisión acerca do deseño que finalmente se usaría. Warner continuou a traballar nas insignias que levarían os directores da exposición na cerimonia conmemorativa de outubro de 1892, aínda que a exposición comezou en maio de 1893.Moran, M. F. (2008). Páxinas 80-81. Estas insignias incluían un círculo cun retrato de Colón en relevo, baseado no retrato de Lotto e cando se remataron falouse da posibilidade de usalas como base para o deseño do medio dólar.Moran, M. F. (2008). Páxina 81. A Compañía tamén considerou a posibilidade de deseñar unha con tres barcos e outra cun só barco e unha representación do hemisferio occidental. Os rexistros tamén testemuñan que a Compañía valorou realizar unha moeda que tivese no reverso un edificio da exposición.Taxay, D. (1967). Páxina 4.
Os encargados da exposición solicitaron unha reunión cos funcionarios da Casa da Moeda para sentar as bases do deseño. A Compañía estaba nunha mala situación financeira e precisaba os cartos da venda das moedas. Leech acordou enviar a Barber a Chicago e alí reuniuse co Comité Financeiro o 23 de setembro de 1892, onde se acordou que o anverso se basearía finalmente no deseño das insignias e o reverso no deseño da nao de Warner.
A insignia carecía das inscricións requiridas para as moedas, polo que Barber cambiou o deseño, para o rodear cunha lenda. A nao do reverso non estaba o suficientemente detallada na versión de Warner. Barber solicitoulle a Ellsworth unha fotografía da nao que se exhibiría na exposición e logo envioulle o seu deseño do reverso a George T. Morgan. O xefe de gravadores rexeitara a idea de Ellsworth de usar o retrato de Lotto e escribiulle varias veces en outubro sobre o proxecto. O 17 de outubro, Barber finalizou as probas e o 31 dese mesmo mes fixéronse as primeiras probas de cuñaxe. Leech dixo que eran as moedas máis fermosas xamais cuñadas pola Casa da Moeda. O director da ceca xa axustara as máquinas o ano anterior para fabricar as moedas da serie Barber, polo que non interveu na cuñaxe e marchou o día 9 de novembro a unha conferencia sobre numismática en Bruxelas.Moran, M. F. (2008). Páxinas 82-84.