Volcano Suns foi unha banda estadounidense de rock alternativo procedente de Boston, Massachusetts, e formada polo batería de Mission of Burma, Peter Prescott, no ano 1984.Strong, Martin C. (2003) The Great Indie Discography, Canongate, ISBN 1-84195-335-0, p. 559
Historia A banda formouna na primavera de 1984 o antigo batería de Mission of Burma e Molls Peter Prescott, sendo o único membro orixinal de Volcano Suns que quedaba cando o grupo separouse en 1991. Os outros membros orixinais eran Gary Waleik e Steve Michener, que marcharían despois duns poucos meses, antes do lanzamento do primeiro álbum do grupo, para formar Big Dipper. Prescott incorporou entón a Jeff Weigand ao baixo e a Jon Williams á guitarra. Esta segunda formación creou o álbum de estrea da banda, The Bright Orange Years (1985), ademais do segundo, All-Night Lotus Party (1986), ámbolos dous editados a través do desaparecido selo Homestead Records. En 1987 Bob Weston e Chuck Hahn substituíron a Weigand e Williams respectivamente para gravar Bumper Crop, o seu derradeiro álbum con Homestead. No traballo tamén colaboraron Roger Miller tocando o piano e Gary Waleik o sitar.
En 1988 a banda asinou co selo de Greg Ginn SST Records para publicar o seu cuarto álbum, Farced. A formación foi a mesma que no seu anterior traballo, incluíndo a Miller no piano e a Waleik no sitar. No ano 1989 chegou o seu lanzamento máis experimental, Thing of Beauty, tamén a través de SST, no cal David Kleiler (anteriormente na banda Sorry) substituíu a Chuck Hahn na guitarra. Esta sería a derradeiros formación de Volcano Suns. A bands moveuse ao selo independente baseado en Chicago Quarterstick Records para editar o seu derradeiro álbum en 1991, Career in Rock. O disco foi gravado por Steve Albini, que posteriormente traballaría con Bob Weston en Shellac.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloThe Bright Orange Years1985Homestead RecordsAll-Night Lotus Party1986Homestead RecordsBumper Crop1987Homestead RecordsFarced1988SST RecordsThing of Beauty1989SST RecordsCareer in Rock1991Quarterstick Records
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
[ Páxina da banda]
Categoría:Grupos musicais de Boston, Massachusetts Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1984