Dreux ou Drogón de Vexin, nado ao redor de 990/1000 e finado o 2 de xullo de 1035, foi conde de Vexin e Amiens desde 1024 ata 1035. Era fillo de Gautier II de Vexin o Branco, conde de Vexin, de Amiens e de Valois e de Adela. Traxectoria Á morte do seu pai, para preservar o patrimonio familiar, compartiu os condados co seu irmán Raúl III de Vexin.
Dreux recibiu os condados de Vexin e Amiens e seguiu sendo fiel aos capetos, mentres que Raúl obtivo o de Valois e achegouse ao conde de Blois e de Troyes e de Meaux na Champaña. O terceiro irmán, Folque, xa era bispo de Amiens.
Ademais da alianza capeta, Dreux II mantivo boas relacións con Normandía, en liña cos seus predecesores. Os fillos de Aethelred II e de Emma de Normandía refuxiáronse en Rouen e, para reforzar unha alianza con Normandía, Dreux II casou en 1013 con Godgifu, filla de Aethelred e Emma. Tiveron a:
Gautier III (m. 1063), conde de Vexin, Amiens e Maine. Folque II (m. 1058), bispo de Amiens. Ralf o Tímido (m. 1057), conde de Hereford.
En 1035, acompañou ao duque de Normandía Roberto o Magnífico na peregrinación a Xerusalén, pero morreu ao seu regreso a Nicea en xuño de 1035. . Véxase tamén Bibliografía Pierre Bauduin, La Première Normandie (Xe-XIe siècles). Édouard de Saint Phalle, «Les comtes de Gâtinais aux Xe et XIe siècle», a Onomastique et Parenté dans l'Occident médiéval, Oxford, Prosopographica et genealogica, 2000, 310 páxs. (), páxs. 230-246.
Ligazóns externas Fundación para xenealoxía medieval: Condes de Valois e de Vexin
Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século X Categoría:Finados en 1035 Categoría:Condes de Vexin Categoría:Condes de Amiens