Shipping News é unha banda estadounidense de post-rock/post-hardcore procedente de Louisville, Kentucky. O grupo formouse no outono de 1996 cando Jason Noble e Jeff Mueller, que estaban en Rodan, colaboraron para crear música para o programa This American Life da National Public Radio. Kyle Crabtree foi posteriormente recrutado como batería para completar a formación orixinal. En 2014 Todd Cook, antigo membro de Parlour, The For Carnation, e da reunida Slint, foi recrutado como baixista.

Shipping News apareceu na serie de DVDs Burn to Shine, producida polo batería de Fugazi Brendan Canty e o cineasta Christoph Green. Foi filmado en novembro de 2005 e estreado en maio de 2010. O DVD editouse a finais dese ano. O baixista de Shipping News, Todd Cook, tamén aparece coa súa outra banda, Dead Child.

Shipping News colle o seu nome da novela de 1993 The Shipping News, de E. Annie Proulx.

En 2009 a Noble diagnosticáronlle un sarcoma sinovial, morrendo en 2012 aos 40 anos de idade.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloSave Everything1997Quarterstick RecordsMetroschifter and Shipping News1998Initial RecordsVery Soon, and in Pleasant Company2001Quarterstick RecordsFlies the Fields2005Quarterstick RecordsOne Less Heartless To Fear2010Ruminance, Noise Pollution Records

Notas

Categoría:Grupos musicais de Kentucky Categoría:Grupos musicais de post-rock Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais formados en 1992