Pedro Galán Regalado, nado en Cee o 7 de decembro de 1955,Pedro Manuel Galán Regalado. Perfil científico en miteco.gob.esGalán Regalado, Pedro, na Gran Enciclopedia Galega, Tomo 38, 2006, A Coruña: Editorial Novos Vieiros. ISBN 978-84-9349-250-2. é un zoólogo galego especializado en herpetoloxía.
Traxectoria Formación Pedro Galán licenciouse en 1989, e doutorose en 1994 en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese titulada "Demografía y dinámica de una población de Podarcis bocagei",Tese, en Dialnet. na localidade de Carral durante o período setembro de 1989 a outubro de 1991.Resume).
Docencia Entre 1996 e 2000 foi profesor en funcións na Universidade da Coruña, entre 2000 e 2001 profesor efectivo desta Universidade e, desde 2001, profesor titular da Facultade de Ciencias da UDC, e membro do Grupo de Investigación en Bioloxía evolutiva desa Universidade,Pedro Galán en Herpetoloxía Ibérica. cargos que segue a desempeñar na actualidade.
Adscrito ao Departamento de Bioloxía da súa Universidade, imparte, entre outras, as materias "Adaptacións Funcionais da Fauna ao Medio", Biodiversidade Animal e Medio Ambiente e Fauna Ameazada.Ficha do Dr. Pedro Manuel Galán Regalado na web da Universidade da Coruña.
No presente curso 2018-2019, está a dirixir os seguintes traballos de grao e mestrado: Estrutura e estima do tamaño dunha poboación relicta de baixa altitude do lacértido ameazado Iberolacerta monticola. Herpetofauna do concello de Laracha (A Coruña). Inventario, uso do espazo e factores de ameaza. Herpetofauna dunha zona de montaña do sueste de Galicia. Inventario, uso do espazo e factores de ameaza. Incidencia dunha enfermidade emerxente de anfibios en Galicia: a infección por dermocistidios no limpafontes palmado (Lissotriton helveticus). Steatoda nobilis (Thoell, 1875) (Araneae, Theridiidae): evolución da súa invasión biolóxica fóra da súa área de orixe e revisión da súa posición na árbore filoxenética da familia Theridiidae.
Desde 2010 é vogal representante do estudo e a investigación de vertebrados do Observatorio Galego da Biodiversidade, da Xunta de Galicia e, desde 2011, membro do Comité Científico da Lista de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial, e do Catálogo Español de Especies Ameazadas, do Ministerio de Medio Ambiente de España.
Até o ano 2011 o doutor Galán dirixiu catro teses de doutoramento.Teses dirixidas en Dialnet.
Investigación En 1992 iniciou a súa actividade profesional como director do departamnento de Estdos Ambientais da empresa Lignitos de Meirama, S A., que desempeñou até 1996. Pedro Galán encargouse de restaurar os terreos afectados pola explotación mineira, e da investigación sobre a rehabilitación dos impactos ambientais.
Está especializado no estudo dos anfibios e os réptiles de Galicia, participando tamén en estudos xerais sobre a herpetofauna española.
Os principais campos de investigación do doutor Galán céntrase na historia natural, a ecoloxía de poboacións, a bioloxía evolutiva, a biodiversidade, a bioloxía de vertebrados e a bioloxía da conservación dos anfibios e réptiles ibéricos.Pedro Galán en Google académico.
O doutor Galán é membro de equipos de investigación de varios proxectos financiados pola Xunta de Galicia e outras institucións, e director principal dalgún deles. Así mesmo, foi un dos fundadores, e membro da xunta directiva, da Asociación Herpetolóxica Española, sociedade científica que ten como obxectivos prioritarios o estudo e a conservación da herpetofauna ibérica.
Así mesmo, é membro do Grupo de Investigación en Bioloxía Evolutiva (GIBE), da Universidade da Coruña, grupo integrado dentro da Rede Galega de Conservación da diversidade biolóxica, e representante do estudo e investigación dos vertebrados do Observatorio Galego da BiodiversidadeObservatorio Galego da Biodiversidade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
Publicacións Libros 1982 - Esos anfibios y reptiles gallegos (con José Curt Martínez). Mollabao, Campolongo, Pontevedra): José Curt Martínez. ISBN 84-3007-218-7. 1993 - Anfibios e réptiles de Galicia (con Gustavo Fernández Arias). Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-722-6. 1994 - Demografía y dinámica de una población de "Podarcis bocagei". Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela, Servizo de Publicacións e Intercambio Científico. ISBN 84-8121-146-X. 1998 - Reptiles (con María Asunción Andreu Soler, A. Bea, Florentino Braña Vigil, Luis Felipe López Jurado, Valentín Pérez Mellado, Juan Manuel Pleguezuelos Gómez e A. Salvador). Madrid: Consejo Superior de Investigaciones Científicas, CSIC / Museo Nacional de Ciencias Naturales. ISBN 84-0007-713-X. 1999 - Conservación de la herpetofauna gallega. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9532-219-7. 2003 - Anfibios y reptiles del Parque Nacional de las Islas Atlánticas de Galicia: faunística, biología y conservación. Madrid: Organismo Autónomo Parques Naturales. ISBN 84-8014-516-1. 2005 - Lista patrón actualizada de la herpetofauna española: conclusiones de nomenclatura y taxonomía para las especies de anfibios y reptiles de España (Con A. Montori et al.). Asociación Herpetológica Española, (Texto completo en PDF.). 2006 - Guía dos anfibios e réptiles. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Xunta de Galicia. ISBN 978-84-4534-454-5. 2009 - Generación de escenarios regionalizados de cambio climático para España (con M. Brunet, M. J. Casado, M. de Castro, J. A López e J. M. Martín). Madrid: Agencia Estatal de Meteorología (AEMET), Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. (Texto completo). 2015 - Los anfibios y reptiles extinguidos: herpetofauna desaparecida desde el año 1500. A Coruña: Universidade da Coruña, Servizo de Publicacións. ISBN 978-84-9749-629-2.
Capítulos de libros 2002 - "Los anfibios". En: Galicia: Naturaleza. Francisco Díaz-Fierros Viqueira (coord.); Francisco Rodríguez Iglesias (dir.). Proyecto Galicia, Vol. 38, Zoología II. (coord. Fernando Cobo Gradín). A Coruña: Hércules de Ediciones. ISBN 84-8946-892-3, páxs. 514-551. 2002 - "Los reptiles". En: Galicia: Naturaleza Francisco Díaz-Fierros Viqueira (coord.); Francisco Rodríguez Iglesias (dir.). Proyecto Galicia, Vol. 38, Zoología III. (coord. Fernando Cobo Gradín). A Coruña: Hércules de Ediciones. ISBN 84-8946-885-0, páxs. 20-67.
Artigos en revistas científicas Pedro Galán publicou case un cento de artigos en revistas científicas nacionais e estranxeiras, como Ecography, Journal fo Zoology, Herpetological Journal, Herpetologica, Copeia, Anfibia-Reptilia, Animal Biology, Canadian Journal of Zoology, Journal of Arid Environementes, e outras.
(Ver a lista completa na publicacións na web do GIBE. UDC ou en Dialnet).
Epónimo En 2006 os herpetólogos Oscar Arribas, Salvador Carranza e Gaetano Odierna nomearon a nova especie Iberolacerta galani na súa honra.Arribas, O.; Carranza, S. & Odierna, G. (2006): "Description of a new endemic species of mountain lizard from Northwestern Spain: Iberolacerta galani sp. nov. (Squamata: Lacertidae)". Zootaxa 2240: 1-55.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fotografía e publicacións de Pedro Galán na web do GIBE. UDC
Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Zoólogos de Galicia Categoría:Herpetólogos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua inglesa Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Nados en Cee Categoría:Nados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes