A abstracción é o proceso de xeneralizar regras e conceptos a partir de exemplos específicos, significantes literais (reais ou concretos), primeiros principios ou outros métodos. O resultado do proceso, unha abstracción, é un concepto que actúa coma un nome propio para todos os conceptos subordinados e conecta todo concepto relacionado nun grupo, campo ou categoría.

As abstraccións e os seus diferentes niveis xogan un papel importante na teoría da semántica xeral iniciada por Alfred Korzybski. Segundo Anatol Rapoport, "a abstracción é un mecanismo polo cal unha infinda variedade de experiencias pode relacionarse con breves sons (as palabras)". Unha abstracción pode elaborarse filtrando o contido informativo dun concepto ou un fenómeno observable, seleccionando só aqueles aspectos que son relevantes para un propósito particular. Por exemplo, abstraer unha pelota de fútbol cara á idea xeral dunha pelota implica seleccionar unicamente a información dos atributos xerais dunha pelota e o seu comportamento, excluíndo mais non eliminando o resto de características fenoménicas e cognitivas da pelota concreta.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Abstracción