miniatura|Zhang Yimou dirixiu o primeiro filme da China nomeado ó premio, Ju Dou.
A República Popular da China presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1979. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Dous filmes foron candidatos representando á China, ambos dirixidos por Zhang Yimou, director de seis filmes propostos. Zhang tamén foi candidato por outro filme, que representaba á colonia británica de Hong Kong. O outro director chinés proposto en máis dunha ocasión é Chen Kaige, que tamén obtivo unha candidatura representando a Hong Kong. A China, Hong Kong e Taiwán están recoñecidas pola Academia como entidades separadas e envían cadanseu filme á competición. Aínda que adoitaban ter industrias cinematográficas moi separadas, dende principios do século XXI comezou a desenvolverse unha industria máis común, con directores, actores e técnicos traballando habitualmente fóra do seu territorio.
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou a China para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Título chinés Director Resultado 1979(52ª) Afanti 阿凡提 Lang Xiao 1983(56ª) Chéng nán Jiùshì 城南旧事 Wu Yigong 1984(57ª) Ren sheng 人生 Wu Tianming 1986(59ª) Sun Zhongshan 孙中山 Ding Yinnan 1987(60ª) Fu rong zhen 芙蓉镇 Xie Jin 1988(61ª) Hong gao liang 红高粱 Zhang Yimou 1989(62ª) Kaiguo dadian 开国大典 Li Qiankuan 1990(63ª) Ju Dou 菊豆 Zhang Yimou, Yang Fengliang 1991(64ª) Guo nian 过年 Huang Jianzhong 1992(65ª) Qiu Ju da guan si 秋菊打官司 Zhang Yimou 1993(66ª) Feng huang qin 凤凰琴 He Qun 1995(68ª) Hóng yīng táo 红樱桃 Ye Daying 1998(71ª) Genghis Khan 一代天骄成吉思汗 Sai Fu e Lisi Mai 1999(72ª) Huanghe juelian 黄河绝恋 Feng Xiaoning 2000(73ª) Piàoliang māma 漂亮妈妈 Sun Zhou 2002(75ª) Heroe 英雄 Zhang Yimou 2003(76ª) Tiāndì Yīngxíong 天地英雄 He Ping 2004(77ª) A casa das dagas voadoras 十面埋伏 Zhang Yimou 2005(78ª) Wu ji 无极 Chen Kaige 2006(79ª) Man cheng jin dai huang jin jia 满城尽带黄金甲 Zhang Yimou 2007(80ª) Yún shǔi yáo 云水谣 Yin Li 2008(81ª) Dream Weavers: Beijing 2008 筑梦2008 Yu Gun 2009(82ª) Mei Lanfang 梅兰芳 Chen Kaige 2010(83ª) Tángshān Dà Dìzhèn 唐山大地震 Feng Xiaogang 2011(84ª) The Flowers of WarThe Hollywood Reporter Academy Releases Foreign-Language Oscar List 13 de outubro de 2011. Consultado o 14 de outubro de 2011 金陵十三釵 Zhang Yimou 2012(85ª) Sou suo 搜索 Chen Kaige 2013(86ª) Yi jiu si er 一九四二 Feng Xiaogang 2014(87ª) Yèyīng 夜莺 Philippe Muyl 2015(88ª) Gun dan ba! Zhong liu jun 滚蛋吧!肿瘤君 Han Yan 2016(89ª) Xuanzang 大唐玄奘 Huo Jianqi 2017(90ª) Zhan lang II 战狼2 Wu Jing 2018(91ª) Hidden Man 邪不压正 Jiang Wen 2019(92ª) Ne Zha 哪吒之魔童降世 Jiaozi 2020(93ª) Duóguàn 夺冠 Peter Chan 2021(94ª) Xuan ya zhi shang 悬崖之上 Zhang Yimou 2022(95ª) Qi ji ben xiao hai 奇迹·笨小孩 Wen Muye 2023(96ª) Liú Làng Dì Qiú Èr 流浪地球2 Frant Gwo 2024(97ª) Li Si Ben wan chen mo 里斯本丸沉沒 Fang Li 2025(98ª) Nanjing Zhaoxiang Guan 南京照相馆 Shen Ao
Notas
Categoría:Cinema da China China