Loki en islandés e Loke nas linguas escandinavas continentais (sueco, noruegués e danés) e en variantes xermánicas Lohho é un deus da mitoloxía nórdica. É o deus das bromas e o engano, un ser malévolo e traizoeiro, crese que iniciaría o Ragnarök e ademais é considerado covarde, egoísta e luxurioso.

Entrou en Asgard, o fogar dos deuses, ao conseguir facerse irmán de sangue de Odín a través dun pacto no que compartiron o sangue aínda que era descendente de xigantes. miniatura|436x436px|Imaxe de Loki en Kirkby Stephen, Cumbria. Loki foi pai de bestas como o lobo Fenrir e a serpe Jörmungandr, e chegou a estar preñado tras comer un corazón de muller e del naceu Sleipnir, o cabalo de Odín.

Paralelismos e homólogos de Loki Loki ten paralelismos en deuses e personaxes de diversas culturas. En certos aspectos, pode ser comparado con Lugh do panteón celta, asociados con habilidades múltiples e o desafío ás normas e categorías establecidas polos deuses.

Tamén pode atoparse un paralelo con Hermes, na mitoloxía grega, pola súa capacidade para enganar aos deuses e a súa natureza astuta. A historia de Loki pode ser comparada tamén co mito de Prometeo: ambas figuras son castigadas por desafiar aos deuses e sometidas a un castigo eterno. Algúns fontes tamén vinculan a Loki con Saturno/Cronus, particularmente na era viquinga, onde a súa representación coma Saeter podería ser un intento de sincretismo ou interpretatio romana.

Na mitoloxía polinesia, o semideus Māui é tamén un semideus tramposo que, a pesar de causar problemas aos deuses, frecuentemente o fai co obxectivo de beneficiar aos humanos.

Na cultura popular

Literatura, anime e BD Loki aparece en animes e mangas como Kenichi, Matantei Loki Ragnarok, Boku Girl, High School DxD Born e Saint Seiya.

Loki é un personaxe na obra de Neil Gaiman The Sandman e en American Gods un criminal chamado «Low Key Lyesmith» revélase logo como Loki.

A novela curta Loki: Historia de un cambiante, de Manuel Escutia trata da vida de Loki segundo distintas versións da mitoloxía.

Aparece na banda deseñada Thor de Marvel Comics.

Audiovisuais miniatura|344x344px|Loki en Stories from Northern Myths. Fotografía de 1914. É interpretado por Tom Hiddleston nos filmes de Marvel Thor (2011), Thor: the Dark World (2013), Thor: Ragnarok (2017), Avengers: Infinity War (2018) e Avengers: Endgame (2019), na serie de Disney +, Loki (2021 e 2023) e na serie animada What If...? (2021).

Na serie de TV Supernatural, o arcanxo Gabriel descende á terra e toma a forma de Loki ante o resto de deuses pagáns.

Na serie Stargate, un científico de la raza alienígena asgard chamado Loki era o responsábel de abducións de seres humanos para estudalos.

O filme The Mask trata sobre unha máscara que en realidade é o deus Loki desterrado por Odín de Asgard e convertido en máscara, facendo que o que a poña adquira poderes sobrenaturais. Aparece tamén no filme Shūmatsu no Valkyrie.

Xogos É un personaxe dos videoxogos Smite, Persona 5, The Binding of Isaac, Warframe e God of War, e aparece nos xogos de cartas da franquía Yu-Gi-Oh! miniatura|260x260px|Área do volcán Loki, en Ío, satélite de Xúpiter, fotografado pola sonda Voyager.|esquerda

Vulcanismo e astronomía Existe un xigante de lume denominado Logi; debido á similitude na pronuncia, moitas veces é confundido con el e asóciase co lume. Richard Wagner presentou a Loki baixo o nome xermanizado de Loge na ópera Das Rheingold (O ouro do Rin).

En Escandinavia, a estrela Sirius era chamada Lokabrenna, algo así como «a tea de Loki».

Na lúa Ío, o satélite máis próximo a Xúpiter está o volcán Loki, o máis activo do Sistema solar.

O volcán Laki está situado no sur de Islandia, preto do canón de Eldgjá e a vila de Kirkjubæjarklaustur. Aínda que nalgúns contextos, Laki e Loki foron confundidos ou asociados pola súa similitude fonética e semántica, na realidade non está verificado que estean etimoloxicamente conectados. "Laki" en islandés pode provir de "fenda", ou, pola súa forma, dos estómagos de ruminantes.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deuses xermánicos Mitoloxía nórdica

Categoría:Æsir Categoría:Deuses nórdicos