La Soberanía Nacional foi un xornal editado en Madrid entre 1854 e 1856, durante o Bienio Progresista do reinado de Isabel II.
Traxectoria O xornal apareceu co subtítulo «diario democrático».Hartzenbusch (1984), p. 156 Editado en Madrid, imprimiuse primeiramente na imprenta de El Minero e os seus últimos números na praza do Progreso nº 1.
Era de ideoloxía demócrata e foi fundado por Sixto Cámara, publicou o seu primeiro número o 9 de novembro de 1854. Os seus exemplares, de catro páxinas, tiñan orixinalmente unhas dimensións de 47 x 30 cm, que aumentaron a 49 x 35 cm.
Publicou o derradeiro número o 30 de xaneiro de 1856. Nas súas páxinas participou José María Ourense e apareceron textos do italiano Mazzini.Pascual Sastre (2001), p. 334
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Folga xeral en España de 1855
Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de Madrid Categoría:Xornais desaparecidos