Epsilon é un foguete espacial de propelente sólido da Axencia Xaponesa de Exploración Aeroespacial (JAXA) derivado dos foguetes aceleradores do lanzador H-IIA

Características Epsilon foi deseñado como un lanzador espacial lixeiro e económico para cargas de ata 1500 kg en órbita baixa. É a substitución do foguete M-5 e está formado por tres etapas, todas de propelente sólido, cunha cuarta opcional de propelente líquido (hidracina) para cargas máis pesadas ou para insercións orbitais máis precisas. A primeira etapa (SRB-A3) é a mesma que os foguetes aceleradores do lanzador pesado H-IIA, mentres que a segunda (M-35) e terceira (KM-V2c) son herdanza mellorada do foguete M-5. Tódolos lanzamentos fanse desde o Centro Espacial de Kagoshima.

Historial de lanzamentos Voo Data Centro de lanzamento Carga Resultado Notas114 de setembro de 2013ÉxitoKagoshimaEXCEEDPrimeiro lanzamento dun Epsilon.220 de decembro de 2016ÉxitoKagoshimaERG317 de xaneiro de 2018ÉxitoKagoshimaASNARO 2418 de xaneiro de 2019ÉxitoKagoshimaRAPIS 1 / ALE 1 / Hodoyoshi 2 / MicroDragon / OrigamiSat 1 / AOBA-VELOX 4 / NEXUS59 de novembro de 2021ÉxitoKagoshimaRAISE 2 / Hibari / Z-Sat / DRUMS / TeikyoSat 4 / ASTERISC / NanoDragon / KOSEN 1 / ARICA610 de outubro de 2022FalloKagoshimaRAISE 3 / QPS-SAR 3 e 4 / MAGNARO A e B / KOSEN 2 / MITSUBA / Waseda-SAT 0 / FSI-SAT

Notas

Véxase tamén

Outros artigos H-IIA

Categoría:Foguetes espaciais