Paula Belén Pareto, nada en San Fernando o 16 de xaneiro de 1986, é unha médica e judoka arxentina. Campioa do mundo en 2015 e gañadora dunha medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008 e dunha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro de 2016. Converteuse na primeira muller arxentina en ser campioa olímpica e a primeira deportista arxentina que gañou dúas medallas olímpicas en disciplinas individuais.
Traxectoria Pareto comezou a practicar judo con nove anos xunto ao seu irmán máis novo Marco (ten ademais unha irmá máis vella, Estefanía) e até os Xogos Olímpicos de Londres 2012 representou ao Club Estudiantes de La Plata. Foi bolseira pola Secretaría de Deportes da Nación do seu país.
En 2010, a Fundación Konex outorgoulle o Premio Konex de Platino como mellor deportista destacada da década 2001-2010. O 19 de novembro de 2014, Paula gañou a medalla de prata na categoría de até 48 kg no Grand Prix de Judo de Qingdao, na China.«Paula Pareto sumó una medalla de plata en el Grand Prix de judo de China» . Diario La Nacion. Consultado o 29 de maio de 2015 .
En agosto de 2015, consagrouse campioa no Campionato Mundial de Astana, Casaquistán, ao vencer á xaponesa Haruna Asami na categoría até 48 kg. O 22 de decembro dese mesmo ano, foi galardoada co Premio Olimpia de ouro, á mellor deportista do ano.«Paula Pareto se quedó con el gran premio Olimpia de Oro». Territorio Digital. Consultado o 27 de decembro de 2015 . O 21 de agosto de 2016, logo de consagrarse campioa olímpica ao derrotar á surcoreana Jeong Bo-Kyeong, e foi elixida abandeirada da delegación arxentina na cerimonia de clausura dos Xogos Olímpicos de Río de Xaneiro.
Ao longo da súa carreira participou en tres Xogos Olímpicos entre os anos 2008 e 2016, obtendo unha medalla de bronce en Pequín 2008, diploma olímpico en Londres 2012 (onde finalizou quinta) e a medalla de ouro en Río de Xaneiro 2016. Consultado o 28 de xullo de 2012 .Paula Pareto en Sports-Reference.com (SR/Olympic Sports). Consultado o 29 de maio de 2015 . Nos Xogos Panamericanos conseguiu tres medallas entre os anos 2007 e 2015.Paula Pareto en JudoInside.com. Consultado o 29 de maio de 2015 .
Gañou tres medallas no Campionato Mundial de Judo entre os anos 2014 e 2018, e doce medallas no Campionato Panamericano de Judo, entre os anos 2005 e 2019.«Paula Pareto, campeona del mundo de judo». Diario Página/12. Consultado o 24 de agosto de 2015 .«Otro título para Paula Pareto: se quedó con el título en el Panamericano de Panamá» . Diario La Nación. Consultado o 29 de abril de 2017 .
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Paula Pareto en JudoInside.com
Categoría:Nados en 1986 Categoría:Judokas olímpicos da Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos de ouro pola Arxentina Categoría:Medallistas olímpicos de bronce pola Arxentina Categoría:Alumnos da Universidade de Buenos Aires Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2008 Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Judokas nos Xogos Olímpicos de 2020 Categoría:Medallistas olímpicos en judo Categoría:Médicos da Arxentina