Kansas é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Medio Oeste (Midwest) do país. O centro xeográfico dos 48 Estados Unidos continentais -é dicir, sen Alasca e Hawai- está localizado na rexión norte de Kansas, no condado de Smith. O centro xeodésico de América do Norte localízase tamén en Kansas, no condado de Osborne. Este centro utilízase como punto de referencia para todos os mapas feitos polo goberno dos Estados Unidos.
Limita ao norte co estado de Nebraska, ao oeste con Colorado, ao sur con Oklahoma e ao leste con Missouri.
Kansas é un dos líderes nacionais da industria agropecuaria. O estado é o maior produtor de trigo do país, o que fai que sexa coñecido como Wheat State (Estado do Trigo) e Breadbasket of America (Panera de América, ou Celeiro de América). Kansas posúe tamén un dos maiores rabaños de gando bovino do país. A agricultura e a gandería foron durante gran parte da historia de Kansas a súa principal fonte de renda. Dodge City é considerada por moitos como a "Capital Mundial dos Cowboys". Kansas tamén posúe unha forte industria mineira, e é un líder nacional na produción de petróleo e gas natural. Actualmente, as principais fontes de renda do estado son o comercio e a industria.
Durante a década de 1850, coa Lei de Kansas-Nebraska, gran número de abolicionistas e defensores do traballo escravo instaláronse en Kansas. Moitos enfrontamentos entre milicias abolicionistas e escravistas sucedéronse en Kansas, así como no estado veciño de Missouri (onde o traballo escravo estaba permitido). Estes conflitos eran tan violentos que Kansas recibiu o alcumo de Bleeding Kansas (Kansas Sanguento) na década de 1850. Outro apelativo de Kansas, que posúe as súas orixes neste conflito, é Jayhawker State. Jayhawker é como se coñece un acto común dos abolicionistas, de invadir granxas escravistas en Missouri, saquear facendas e liberar escravos. O 29 de xaneiro de 1861, Kansas converteuse no 34º estado estadounidense.
O alcume máis coñecido de Kansas é The Sunflower State (O Estado Xirasol). Os xirasois cobren boa parte das extensas chairas do estado. O nome Kansas posúe a súa orixe na tribo amerindia kansa, que vivían na rexión ata o século XVIII. Kansa significa "pobo dos ventos do sur".
Historia Ata 1861 A rexión que actualmente constitúe o estado de Kansas estaba habitada por catro tribos amerindias, anteriormente á chegada dos primeiros exploradores europeos da rexión: os kansa (de aí a orixe do nome do estado), os osage, os pawnee e os wichita, que vivían da caza do búfalo e do cultivo de millo e soia.
Os primeiros europeos en explorar o actual Kansas foron os membros dunha expedición española liderada por Francisco Vázquez de Coronado, en 1541. A expedición buscaba unha rexión chamada Quivira, onde, segundo o guía nativo da expedición, posuía grandes minas de ouro. A expedición española, ao non atopar ouro no actual Kansas, abandonaron a rexión.
En 1682, o francés René Robert Cavelier reivindicou toda a rexión da conca hidrográfica do río Mississippi para os franceses. Así, a maior parte de Kansas pasou a formar parte da colonia francesa de Nova Francia, provincia colonial de Luisiana (Nova Francia). Exploradores franceses desembarcaron na rexión ao comezo do século XVIII, en procura de peles.
En 1803, coa Compra de Luisiana, a maior parte de Kansas foi anexionada polos Estados Unidos. O daquela Presidente dos Estados Unidos, Thomas Jefferson, enviou a Meriwether Lewis e William Clark ao novo territorio adquirido, co obxectivo de explorar estes territorios. O 26 de xuño, Lewis e Clark, partindo de St. Louis, Missouri, e seguindo o río Missouri, chegaron á confluencia dos ríos Kansas e Missouri, no actual Kansas, explorando esta rexión durante tres días antes de proseguir rumbo ao oeste. Outra expedición, liderada por Zebulon Pike, sería realizada en 1806. Pike cruzaría Kansas no sentido leste-oeste. Logo da exploración, Pike afirmou que a rexión das Grandes Planicies era inhabitable, o que impediu un maior asentamento de poboación na rexión de Kansas. O español Manuel de Lisa foi o home máis activo e de éxito da súa época que explorou estas rexións indias.
Kansas, ata 1830, fixo parte do Distrito de Luisiana, do Territorio de Luisiana e do Territorio de Missouri. En 1825, o goberno estadounidense, que confiscara grandes zonas de terras de tribos nativas do leste estadounidense, decidiu facer da rexión que constitúe actualmente Kansas -entón unha rexión escasamente poboada por brancos- unha reserva indíxena, para albergar as tribos nativoamericanas que fosen obrigadas a ceder as súas terras. Entre 1825 e 1845, 30 tribos nativoamericanas instaláronse en Kansas. Mentres, Kansas, localizada na rexión central dos actuais Estados Unidos, converteuse nun importante centro de transportes, grazas á expansión estadounidense en dirección ao oeste. En 1827, o Coronel Henry Leavenworth estableceu o primeiro forte na rexión, Fort Leavenworth. Inicialmente, na década de 1830, a maioría dos brancos que se instalaban na rexión eran abolicionistas do Norte estadounidense, que querían frear a expansión do traballo escravo no país. Na década de 1840, con todo, a rexión pasou a atraer maior número de persoas interesadas na procura de mellores condicións de vida, principalmente inmigrantes europeos, alemáns, irlandeses, ingleses, suecos e rusos.
O asentamento en Kansas por parte de colonos brancos fixo que a presión ao goberno estadounidense para que a rexión de Kansas se convertese nun territorio independente, e forzase o traslado dos nativos americanos da rexión, durante o inicio da década de 1850. O goberno estadounidense negociou con cada unha das tribos nativas instaladas en Kansas, e gradualmente, todas as tribos nativoamericanas foron trasladadas da rexión, e a última abandonou Kansas en 1854. A maioría dos nativos americanos foron enviados á rexión que constitúe actualmente o estado estadounidense de Oklahoma.
O 30 de maio de 1854, a través da Lei de Kansas-Nebraska, Kansas converteuse nun territorio estadounidense. Ata entón, facía parte do chamado Territorio Indio, xunto con Nebraska e Oklahoma. Buscando diminuír os conflitos entre defensores do abolicionismo e do traballo escravo, o Congreso dos Estados Unidos decidiu permitir á poboación dos territorios elixir entre permitir ou prohibir o uso do traballo escravo. A maior parte da poboación de Kansas estaba en contra o uso do traballo escravo. Isto xerou inmensos conflitos co estado veciño de Missouri, onde o uso do traballo escravo estaba permitido. Durante o resto da década de 1850, Kansas recibiu gran número de defensores do abolicionismo e do traballo escravo, que se instalaron en Kansas buscando aumentar a forza política do seu respectivo grupo. As eleccións territoriais de 1855 foron gañadas por un partido político abolicionista, o Free State Party (Partido do Estado Libre). O 29 de xaneiro de 1861, logo da secesión de 11 estados do Sur estadounidense da Unión (que formaron os Estados Confederados de América), Kansas converteuse no 34° estado estadounidense.
Desde 1861 Kansas, durante a Guerra Civil, loitou á beira das forzas da Unión contra a Confederación, así como o estado veciño de Missouri. Con todo, boa parte da poboación deste último estaba a favor do uso do traballo escravo, e simpatizaba cos ideais da Confederación. Isto causou grandes conflitos entre milicias confederadas de Missouri e da Unión de Kansas. As milicias estadounidenses de Kansas realizaron diversos ataques contra tropas e aldeas confederadas en Missouri. Kansas foi o estado da Unión que máis soldados enviou ás frontes de guerra, en proporción á poboación total do estado na época. Despois do final da Guerra Civil, en 1865, miles de ex-soldados instaláronse permanentemente no estado.
Ata o inicio da década de 1870, a principal fonte de renda de Kansas era a prestación de servizos de transporte ferroviario. Diversas liñas férreas foran construídas entre Kansas e outros estados estadounidenses exceptuando Texas, ao longo da década de 1860 e de 1870, conectando o estado co resto do país. O principal produto transportado para outras rexións era o gando bovino, proveniente de Texas. Coa construción do ferrocarril entre Texas e outros estados na década de 1880, o transporte ferroviario perdeu moita da súa importancia en Kansas.
A importancia de Kansas como un gran centro agrario data da década de 1870. Os principais produtos cultivados no estado eran o millo e o trigo. Ambos se cultivaban durante a primavera e se recollían nas proximidades do outono. Os veráns moi quentes e secos, característicos do estado, así como os insectos, destruían moitas das plantacións do estado. Durante a década de 1870, un gran número de menonitas vindos/vidos de Rusia instaláronse en Kansas. Os menonitas trouxeron un novo tipo de trigo, que era cultivado no outono e recollendo no inicio do verán, o que o facía máis resistente as pragas, evitaba a calor dos veráns do estado, e era máis resistente ás secas. O cultivo deste tipo de trigo rapidamente estendeuse por Kansas, facendo do estado o maior produtor nacional de trigo desde o inicio do século XX.
Kansas foi o primeiro estado estadounidense en prohibir a venda de licoré e bebidas alcohólicas nos Estados Unidos, en 1880. Esta lei non foi derrogada ata 1986.
Kansas, que dependía entón en larga medida da agricultura, enfrontouse a un período de recesión económica durante o final da década de 1880 e o inicio da década de 1890. Esta recesión fose causada polos baixos prezos dos produtos agrarios no mercado internacional, e polos altos intereses cobrados aos préstamos tomados polos granxeiros, moitos dos cales foron forzados a abandonar as súas granxas e trasladarse ás cidades, ou a outras rexións do país. Outro problema eran os altos prezos do transporte de carga ferroviaria. Estes problemas económicos fixeron con que un partido político progresista recentemente formado, o Farmers Alliance (Unión de Granxeiros), gañase as eleccións estatais de 1890, sendo reelixidos en 1892 e en 1896. O Farmers Alliance, atendendo a demanda popular de reformas socioeconómicas, impuxo límites á taxas de interese cobrados por institucións bancarias no estado, e nos prezos cobrados polo transporte de carga ferroviaria e diversos produtos de consumo.
O Farmers Alliance entrou en declive ao comezo do século XX. As reformas socioeconómicas foron continuadas polos republicanos, que aprobaron leis prohibindo o uso do traballo infantil, crearon leis laborais, e impulsaron unha diminución dos prezos cobrados polas compañías ferroviarias para o transporte de cereaisé. Os republicanos tamén deron ás mulleres o dereito ao voto.
A minería converteuse na segunda fonte de renda máis importante de Kansas ao comezo do século XX, grazas aos descubrimentos de grandes reservas de petróleo e gas natural en 1892 e en 1915, e de helio en 1905. Estas reservas naturais e mais a primeira guerra mundial fixeron que Kansas se industrializase axiña a partir da década de 1910. A guerra tamén foi causa de prosperidade no sector agrario. Despois da guerra e ao longo da década de 1920, Kansas continuou a súa industrialización rapidamente, aínda que o sector agrario do estado entrou en recesión por mor da caída drástica dos prezos dos produtos agrarios no mercado internacional.