María Xesús Lorenzana Somoza, nada na Coruña en 1981, é unha política galega do PPdeG.

Traxectoria Licenciouse en Dereito na Universidade da Coruña (2004) e ampliou os seus estudos en Dereito Autonómico no Instituto de Dereito Público de Barcelona. Aprobou as oposicións a letradas da Xunta en 2007. Ocupou diversos postos na Asesoría Xurídica da Xunta, entre eles, na asesoría xurídica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e na Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia. Desde novembro de 2011 até febreiro de 2013 foi a asesora xurídica da Presidencia da Xunta.

A partir de 2013 e durante sete anos, foi secretaria xeral técnica de diversas consellarías: Traballo e Benestar (2013), Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (2015), e Medio Rural (2018).

En setembro de 2020 foi nomeada conselleira de Emprego e Igualdade, unha consellería nova con competencias que até ese momento dependían de Economía. En xuño de 2023 foi nomeada conselleira de Economía, Industria e Innovación e substituída por Elena Rivo López como conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade.

Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada pola Coruña.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas María Jesús Lorenzana Somoza no Portal de tansparencia da Xunta de Galicia

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia

Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1981 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG