Geldgeschichtliche Nachrichten (en galego: "Noticias de Historia Monetaria") é unha revista de edición bimensual (os meses impares) publicada desde 1965 pola Sociedade de Historia Monetaria Internacional (Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte –GIG–)."Geldgeschichtliche Nachrichten ". Sitio web da GIG.
Os artigos publicados nesta revista refiren a todas as áreas da historia da moeda, do diñeiro e da medalla. O período que abrangue é desde o inicio das emisións monetarias, no século VII a. de C., ata os nosos días.
Na súa sección de actualidade, fanse públicas as datas de celebración de exposicións, conferencias, feiras e poxas de moedas, así como cursos universitarios acerca da historia monetaria, e publícanse tamén recensións das novidades editoriais nese ámbito.
A pertenza á GIG implica directamente a subscrición á revista Geldgeschichtliche Nachrichten, que ten unha tiraxe de arredor de 1.000 exemplares e se distribúe en 30 países.
A súa redactora xefa desde 2017 é Alexa Küter."Die Redaktion ". Sitio web da GIG.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Sociedade de Historia Monetaria Internacional
Categoría:Revistas de numismática Categoría:Revistas de Alemaña Categoría:Revistas científicas