Roman Empire é un programa documental de televisión baseado nos eventos históricos do Imperio Romano. O programa ten un formato de antoloxía onde cada tempada conta unha historia independente. A tempada 1, "Reign of Blood", céntrase no emperador Cómodo. Jeremiah Murphy e Peter Sherman colaboraron na escritura da primeira tempada, con Richard Lopez como director. Estreouse en Netflix o 11 de novembro de 2016. A tempada 2, "Master of Rome", conta a historia de Xulio César e a caída da República Romana. A tempada 2 estreouse o 27 de xullo de 2018. A tempada 3, "The Mad Emperor", estreouse en Netflix o 5 de abril de 2019 e conta a historia do emperador Calígula.

A serie foi producida por Netflix como unha "serie orixinal de Netflix", aínda que frecuentemente usa imaxes doutros programas, incluíndo Ancient Rome: The Rise and Fall of an Empire (2006).

Personaxes Tempada 1: Reign of Blood Sean Bean como Narrador Aaron Jakubenko como Cómodo Ella Becroft como Brutia Crispina Edwin Wright como Dión Casio Genevieve Aitken como Marcia Jared Turner como Marco Aurelio Cleandro John Bach como Marco Aurelio Tai Berdinner-Blades como Lucila Calum Gittins como Saotero Pertinax Mike Edward como Narciso

Tempada 2: Master of Rome Steve West como Narrador Ditch Davey como Xulio César Tim Carlsen como Marco Antonio Natalie Medlock como Servilia Ben Black como Bruto Stephen Lovatt como Pompeio Wesley Dowdell como Marco Licinio Craso Andrew Robertt como Catón Taylor Hall como César de mozo Jessica Green como Cleopatra Errol Shand como Vercinxetórix Phoenix Connolly como Xulia

Tempada 3: The Mad Emperor Steve West como Narrador Ido Drent como Calígula Craig Walsh-Wrightson como Tiberio Kelson Henderson como Claudio Colin Moy como Casio Teressa Liane como Agripina Leon Wadham como Tiberio Xemelo Michael Morris como Nevio Sutorio Macrón Molly Leishman como Livila Elizabeth Dowden como Drusila

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América