O metro de París é unha rede de ferrocarril metropolitano que dá servizo á cidade francesa de París e algúns concellos limítrofes. É un dos símbolos da cidade, influenciado nos seus inicios pola Art Nouveau, e presenta unha gran densidade de estacións e liñas dentro da cidade que contrasta co pequeno número de estacións que se distribúen pola área metropolitana.
O primeiro tramo acabou de construírse o 19 de xullo de 1900, polo que é a sexta rede de metro máis antiga, só por detrás das de Chicago, Boston, Glasgow, Budapest e Londres.
En 1998 inaugurouse a liña 14, a primeira construída dentro do termo municipal dende 1935. Trátase dun metro que funciona sen condutor e cos trens (de 90 m de lonxitude e seis vagóns intercomunicados) baixo o control de doce cámaras. Esta liña custou case o dobre dunha liña convencional. Non obstante, o seu custo de explotación é menor e garante unhas frecuencias inaccesibles aos outros convois.
Das 302 estacións da rede, 24 atópanse en superficie, en 43 paran dúas liñas, en 11 paran tres e en 5 paran catro ou máis. Dada a crecente poboación e a saturación da rede, continúase a construír novas liñas e estacións para satisfacer a demanda.
Liñas Liña Inauguración Últimaextensión Estacións Lonxitude Media entreestacións Viaxes(2017) Extremos25pxLiña 1 1900 1992 25 16.6 km 692 m 181,2 millóns La DéfenseChâteau de Vincennes 25pxLiña 2 1900 1903 25 12.3 km 513 m 105,2 millóns Porte DauphineNation 25pxLiña 3 1904 1971 25 11.7 km 488 m 101,4 millóns Pont de Levallois – BéconGallieni 25pxLiña 3bis 1971 4 1.3 km 433 m Porte des LilasGambetta 25pxLiña 4 1908 2013 27 12.1 km 438 m 155,9 millóns Porte de ClignancourtMairie de Montrouge 25pxLiña 5 1906 1985 22 14.6 km 697 m 110,9 millóns Bobigny – Pablo PicassoPlace d'Italie 25pxLiña 6 1909 1942 28 13.6 km 504 m 114,3 millóns Charles de Gaulle–ÉtoileNation 25pxLiña 7 1910 1987 38 22.4 km 605 m 135,1 millóns La Courneuve – 8 mai 1945Villejuif – Louis AragonMairie d'Ivry 25pxLiña 7bis 1967 8 3.1 km 443 m Louis BlancPré-Saint-Gervais 25pxLiña 8 1913 2011 38 23.4 km 614 m 105.,5 millóns BalardPointe du Lac 25pxLiña 9 1922 1937 37 19.6 km 544 m 137,9 millóns Pont de SèvresMairie de Montreuil 25pxLiña 10 1923 1981 23 11.7 km 532 m 45.3 million Boulogne – Pont de Saint-CloudGare d'Austerlitz 25pxLiña 11 1935 1937 13 6.3 km 525 m 47,1 millóns ChâteletMairie des Lilas 25pxLiña 12 1910As liñas 12 e 13 foro construídas orixinalmente como parte da rede norte-sur (como liñas A e B respectivamente).' 2012 29 13.9 km 515 m 84,3 millóns Front PopulaireMairie d'Issy 25pxLiña 13 1911 2008 32 24.3 km 776 m 131,4 millóns Châtillon – MontrougeSaint-Denis – UniversitéLes Courtilles 25pxLiña 14 1998 2007 9 9 km 1,075 m 83,3 millóns Saint-LazareOlympiades
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bindi, A., & Lefeuvre, D. (1990). Le Métro de Paris : Histoire d'hier à demain, Rennes: Ouest-France.
Descouturelle, Frédéric, et al. (2003). Le métropolitain d'Hector Guimard, Somogy. Gaillard, M. (1991). Du Madeleine-Bastille à Météor : Histoire des transports Parisiens, Amiens: Martelle. Hovey, Tamara. Paris Underground, Nova York: Orchard Books, 1991. Lamming, C.(2001) Métro insolite, París: Parigramme, Ovenden, Mark. Paris Metro Style in map and station design, Londres: Capital Transport, 2008. Ligazóns externas Régie autonome des transports parisiens (RATP) Comprehensive map of the Paris Metro network Real-distance network map at CityRailTransit website Métro Paris Paris subway trip planner
París Categoría:París Categoría:Transporte en Francia