Among Us é un videoxogo multixogador en liña desenvolvido pola compañía estadounidense InnerSloth, distribuído o 15 de xuño de 2018 nas plataformas de Android e iOS, e meses máis tarde para ordenador. A sinopse do xogo xira arredor dun grupo de tripulantes dunha nave espacial que deben arranxar e supervisar o funcionamento da nave, ao mesmo tempo que pescudan aos «impostores» que tentan sabotar a nave e asasinalos durante cada partida.

Malia que saíu ao mercado en 2018, o seu éxito xurdiu en 2020 (dous anos despois do seu lanzamento) grazas aos vídeos publicados por streamers de Twitch e youtubers, nos que se comparten partidas do xogo. Debido a isto, o 17 de setembro de 2020 rexistráronse máis de 85 millóns de descargas en dispositivos móbiles. Segundo a empresa Sensor Tower, só nos Estados Unidos alcanzou 20 millóns de descargas e no Brasil roldou as 16 millóns, sumadas ás case 7 millóns de México, sumando entre estes tres países máis da metade das descargas.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Videoxogos de 2018 Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos desenvolvidos nos Estados Unidos de América Categoría:Videoxogos de supervivencia Categoría:Videoxogos de estratexia Categoría:Videoxogos de ciencia ficción Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos de Android Categoría:Videoxogos de Nintendo Switch Categoría:Videoxogos de PlayStation 4 Categoría:Videoxogos de PlayStation 5 Categoría:Videoxogos de Xbox One Categoría:Videoxogos de Xbox Series X e Series S Categoría:Videoxogos independentes