Existential Reckoning é o cuarto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Puscifer, publicado o 30 de outubro de 2020 a través dos selos Alchemy Recordings e BMG Rights Management. O disco estreouse no número 7 da lista estadounidense Top Alternative Albums da Billboard, con máis de 11 000 unidades equivalente a álbums vendidas, das cales 9 000 foron vendas puras.

Existential Reckoning recibiu críticas xeralmente positivas. En Metacritic, que asigna unha valoración normalizada de 100 ás recensións dos críticos, o álbum recibiu unha puntuación media de 80, o que indica "críticas xeralmente favorables", baseada en 7 críticas. A publicación en liña Consequence of Sound situouno no número 27 da súa lista dos 30 mellores álbum de metal/hardrock de 2020, e a revista Revolver elexiuno o 19 mellor álbum dese ano.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Puscifer Categoría:Álbums musicais de 2020