O castelán venezolano é a variedade da lingua castelá ou español que é falado en Venezuela, polo xeral achegado ao castelán caribeño. Debido a que a Constitución venezolana, no seu artigo noveno sinala «O idioma oficial é o castelán.», existe unha preferencia marcada no uso desa denominación, aínda que non se rexeita o termo «español». Á súa vez, dentro do país fálase con distintos acentos, e pola ambigüidade do termo «dialecto» non se catalogan formalmente a nivel académico como tales, malia as diferenzas salientables, incluíndo o voseo e o ustedeo. É falado por 32 millóns de persoas (2018).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Francisco Freites y Wilmer Castro: El Voseo Andino Tachirense: ¿Marca de Género? (Boletín de Lingüística v.19 n.28, dic. 2007)

Categoría:Dialectos da lingua castelá de América Categoría:Linguas de Venezuela