O Club Santo Domingo Betanzos é un equipo de baloncesto galego, con sede en Betanzos, que compite na Liga EBA, a cuarta categoría do baloncesto español.

Historia Foi fundado en 1983 por iniciativa do entón párroco da igrexa de San Domingos de Betanzos. Nos seus primeiros anos carecía dun campo estable no que desenvolver a súa actividade, ata que tres anos despois, en 1986, inauguráronse as instalacións deportivas do Carregal, en cuxo centro deportivo (de titularidade municipal) xoga os seus partidos como equipo local.

A entidade estivo preto da súa desaparición na primeira década do século XXI, pero foi capaz de superar os seus problemas económicos e dende entón ten nutridas categorías inferiores, tanto masculinas como femininas, e con máis de 200 licenzas federativas. O primeiro equipo participa ininterrompidamente no grupo A-B da Liga EBA dende a tempada 2013/14.

Traxectoria TempadaDivisiónPos.PostempadaCopa2011–12 Primeira División6 – –2012–13 Primeira División2Ascenso –2013-14 Liga EBA8 – –2014–15 Liga EBA13 – –2015–16 Liga EBA11 – –2016–17 Liga EBA7 – –2017–18 Liga EBA5 – –2018–19 Liga EBA11 – –2019–20 Liga EBA8 Suspendida –2020–21 Liga EBA Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Ficha do equipos na Federación Española de Baloncesto

Categoría:Deporte en Betanzos Categoría:Equipos de baloncesto de Galicia Categoría:Betanzos sen imaxes