O navarroaragonés foi unha lingua románica falada nunha parte grande da bacía do río Ebro durante a Idade Media. É a lingua da cal descende directamente a actual lingua aragonesa e da que quedan trazos en diverso grao, principalmente no castelán falado en Rioxa, Aragón e Navarra.

Ten a súa orixe no latín vulgar, cun posible substrato vasco. A lingua recibe, para o seu período medieval, a denominación entre os lingüistas actuais de navarroaragonés, por abranguer as linguas románicas relacionadas co aragonés medieval e co romance navarro, así como o rioxano precastelán. Ás veces, esta lingua é clasificada no grupo pirenaico-mozárabe.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Lingua aragonesa