O gong ou ugong é unha lingua sino-tibetana con menos de 100 falantes. Fálase en Tailandia. O gong está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Historia O gong foi documentado por primeira vez nunha fonte occidental na década de 1920 (nun artigo do médico e botánico irlandés A. F. G. Kerr), cando xa estaba en declive. Nos 70, David Bradley comezou a estudar a lingua en diversas áreas nas que aínda se empregaba, excluíndo dúas rexións das referidas por Kerr, onde xa desaparecera. Posteriormente, varias das aldeas foron abandonadas a causa da construción de encoros nos ríos Kwae Yai e Khwae Noi, o que empeorou a situación da lingua. Na actualidade, atópase en situación de especial vulnerabilidade, xa que os últimos falantes nativos naceron arredor dos 70.

Clasificación Non existe consenso sobre a clasificación concreta da lingua gong. Segundo Bradley, trátase dunha variante das linguas lolo-birmanas, aínda que non encaixa con precisión nas linguas búrmicas nin nas loloicas. Pola súa banda, Andrew Hsiu defende a súa adscrición a unha póla independente das linguas tibeto-birmanas, no canto de agrupalas coas lolo-birmanas.

Dialectos Hai dous dialectos: Uthai ThaniRujjanavet, Pusit. (1986). The Phonology of Ugong in Uthaithani Province. M.A. Thesis in Linguistics, Faculty of Graduate Studies, Mahidol University. SuphanburiThawornpat, Mayuree. 2006. Gong: An endangered language of Thailand. Doctoral dissertation, Mahidol University.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Matisoff, James A. 2015. The Sino-Tibetan Etymological Dictionary and Thesaurus. Berkeley: Universidade de California. Rujjanavet, Pusit. (1986). The Phonology of Ugong in Uthaithani Province. M.A. Thesis in Linguistics, Faculty of Graduate Studies, Mahidol University. Thawornpat, Mayuree. 2006. Gong: An endangered language of Thailand. Doctoral dissertation, Mahidol University.

Categoría:Linguas sino-tibetanas