Olga Cameselle Estévez, é unha bailarina, actriz e coreógrafa galega.
Traxectoria É unha das precursoras da danza contemporánea en Galicia ao cofundar xunto con Christiane Boullosa, Disque Danza, a primeira compañía profesional de danza contemporánea no sur de Galicia no ano 1996. En 2003 refundouna como Dobre Xiro. Desde 1992 está á fronte da Factoría Teatro xunto con Alfredo Rodríguez. Foi cofundadora e directora da compañía Disque Danza. Comezou a súa actividade pedagóxica nas artes escénicas en 1988.
En 2010 cofundou en Vigo A Artístika, un centro de formación, produción e espazo de encontro para artes performativas. A Artístika é a fusión de Factoría Teatro (de Alfredo Rodríguez) e Disque Danza (de Olga Cameselle).
Obra Teatro e danza De pé crebado (2018) Leixaprem, non me veñas con cantigas (2016) Illas Atlánticas (2014) Arquitectura da emoción (2013) Verde a tempo completo (2012) Menú vexetal (unha aventura dixestiva) (2011) Nin contigo nin sen ti (2010) Alicia & Alicia (textos de Paula Carballeira, 2010) Filmografía (como actriz) As mortes (Cristóbal Arteaga, 2018) 9 fugas (Fon Cortizo, 2020)
Premios e recoñecementos 2021: Mellor actriz no Festival de Teatro de Istambul polo seu papel no espectáculo do Centro Dramático Galego ‘Serva me, servabo te’
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas HerDanza: Olga Cameselle
Categoría:Coreógrafos Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Bailaríns Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Vigo