Naufitos Idilbi,Tamén coñecido pola romanización francesa Néophytos Edelby. B.A. (en ), nado en Alepo o 10 de novembro de 1920 e finado o 10 de xuño de 1995, foi un relixioso católico greco-melquita sirio, arcebispo de Alepo dende 1968 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu o 10 de novembro de 1920 en Alepo (entón parte do Estado de Alepo baixo dominio francés, na presente Siria). O 20 de xullo de 1944 foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana Alepina.
O 5 de decembro de 1961 foi elixido bispo auxiliar do patriarcado greco-melquita de Antioquía, e o 24 de decembro foi nomeado arcebispo titular de Edesa en Osroena. Recibiu a consagración espiscopal en Beirut o 25 de febreiro de 1962 polo patriarca Máximo IV, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de Balbik Yusif Maluf e ao arcebispo de Beirut e Biblos Filib Naba. Como bispo auxiliar do patriarcado foi pai conciliar en todas as sesións do Concilio Vaticano Segundo entre 1962 e 1965, destacando especialmente nos debates para a elaboración da constitución Dei Verbum remarcando o papel do Espírito Santo na Revelación cristiá e nas Escrituras.
O 6 de marzo de 1968 foi nomeado arcebispo de Alepo. Permaneceu no cargo até o seu pasamento o 10 de xuño de 1995.
Notas
Categoría:Nados en 1920 Categoría:Nados en Alepo Categoría:Finados en 1995 Categoría:Relixiosos católicos de Siria Categoría:Basilianos alepinos Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos da Igrexa católica greco-melquita Categoría:Arcebispos católicos do Líbano Categoría:Arcebispos católicos de Siria