miniatura|Thomas Vinterberg, director do filme gañador Esta é unha lista dos filmes propostos na 93ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados. A categoría foi anteriormente chamada mellor filme en lingua non inglesa, mais foi cambiado en abril de 2019 a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada.

Na 93ª edición dos Óscar, os filmes candidatos deben terse estreado nos cinemas dos seus respectivos países entre o 1 de outubro de 2019 e o 31 de decembro de 2020. A data límite para presentar as propostas foi o 1 de decembro de 2020. Un total de 97 países enviaron filmes, cun récord de polo menos 93 deles aceptados. Tres países presentaron un filme por vez primeira. Lesotho presentou This Is Not a Burial, It's a Resurrection, o Sudán enviou Satamūt fīl-ʿišrīn, e Suriname enviou Wiren. Bután presentou Lunana: A Yak in the Classroom, logo de 21 anos sen presentar ningún candidato.

A lista curta de candidatos foi anunciada o 9 de febreiro de 2021, e por mor da pandemia de COVID-19, ampliouse a quince filmes no canto dos dez habituais. Ademais, ó contrario que anos anteriores, o Comité Executivo Internacional non poderá facer engadidos a esta lista. Os cinco nomeados foron anunciados o 15 de marzo de 2021.

Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Derë e hapur Albanés e italianoFlorenc Papas Und morgen die ganze Welt Alemán Julia von Heinz Héliopolis Árabe e francés Djafar Gacem Scales Árabe Shahad Ameen Soghomoni yergery Armenio Arman Nshanyan Los sonámbulos Castelán Paula Hernández Was wir wollten Alemán Ulrike Kofler Iti, Tomari Dhaka Bengalí 11 directores diferentesFilme antolóxico dirixido por Tanvir Ahsan, Abdullah Al Noor, Syed Saleh Sobhan Auneem, Krishnendu Chattopadhyay, Golam Kibria Farooki, Mir Mukarram Hossain, Nuhash Humayun, Mahmudul Islam, Rahat Rahman, Robiul Alam Robi e Syed Ahmed Shawki. Persischstunden Inglés, francés, alemán, italiano e persa Vadim Perelman Filles de joie Francés Frédéric Fonteyne e Anne Paulicevich Chaco Aimará, quechua e castelán Diego Mondaca Quo Vadis, Aida? Bosníaco, neerlandés, inglés e serbio Jasmila Žbanić Babenco - Alguém Tem que Ouvir o Coração e Dizer: Parou Portugués Bárbara Paz Bashtata Búlgaro Kristina Grozeva e Petar Valchanov Lunana: A Yak in the Classroom Dzongkha Pawo Choyning Dorji Fathers Khmer Huy Yaleng The Fisherman's Diary pidgin do Camerún, inglésEnah Johnscot 14 jours, 12 nuitsEn decembro de 2020, a proposta do Canadá, Funny Boy, de Deepa Mehta, foi descualificada por ter máis da metade dos diálogos en inglés: . O comité de selección do Canadá escolleu un novo filme, 14 jours, 12 nuits: Francés Jean-Philippe Duval Šarlatán Checo Agnieszka Holland El agente topo Castelán Maite Alberdi Duóguàn Mandarín Peter Chan El olvido que seremos Castelán Fernando Trueba Namsanui bujangdeul Coreano Woo Min-ho La Nuit des rois Diula e francés Philippe Lacôte Ceniza negra Castelán Sofía Quirós Ubeda Dopunska nastava Croata Ivan-Goran Vitez Buscando a Casal Castelán Jorge Luis Sánchez Druk Dinamarqués Thomas Vinterberg Mis 500 locos Castelán Leticia Tonos Vacío Mandarín e castelán Paul Venegas Správa Eslovaco Peter Bebjak Zgodbe iz kostanjevih gozdov Esloveno e italiano Gregor Božič La trinchera infinita Castelán Jon Garaño, Aitor Arregi e Jose Mari Goenaga Viimased Finés Veiko Õunpuu Lammā Bantawallad Árabe Tamer Ezzat Mindanao Filipino Brillante Mendoza Tove Finés, inglés, francés e sueco Zaida Bergroth Deux Francés e alemán Filippo Meneghetti Mila Grego Dea Kulumbegashvili La Llorona Kaqchikel e castelán Jayro Bustamante Días de luz Castelán Seis directores diferentesFilme antolóxico con seis directores: Gloria Carrión Fonseca, Julio López Fernández, Enrique Medrano, Mauro Borges Mora, Enrique Pérez Him e Sergio Ramírez. Shàonián dě Nǐ Mandarín Derek Tsang Felkészülés meghatározatlan ideig tartó együttlétre Húngaro Lili Horvát Jallikattu Malaiala Lijo Jose Pellissery Perempuan Tanah Jahanam Indonesio e xavanés Joko Anwar Khoršid Persa Majid Majidi Arracht Irlandés Tomás Ó Súilleabháin Agnes Joy Islandés Silja Hauksdóttir Asia Hebreo e ruso Ruthy Pribar Notturno Kurdo e árabe Gianfranco Rosi The Crying Steppe Kazako e ruso Marina Kunarova Barua Suahili Maia Lekow e Chris King Running to the Sky Kirguiz Mirlan Abdykalykov Exil Albanés e alemán Visar Morina This Is Not a Burial, It's a Resurrection Sesotho Lemohang Jeremiah Mosese Dvēseļu putenis Estoniano, alemán, letón e ruso Dzintars Dreibergs Broken Keys Árabe Jimmy Keyrouz Nova Lituania Lituano Karolis Kaupinis Cuentos del río Castelán Julie Schroell Vrba Macedonio Milcho Manchevski Roh Malaio Emir Ezwan Le Miracle du saint inconnu Árabe Alaa Eddine Aljem Ya no estoy aquí Castelán Fernando Frías de la Parra Die Adern der Welt Mongol Byambasuren Davaa Grudi Montenegrino Marija Perović The Milkmaid Hausa Desmond Ovbiagele Esperanza Noruegués Maria Sødahl Buladó Papiamento Éche Janga Gaza mon amour Árabe Tarzan Nasser e Arab Nasserche Janga Operación causa justa Castelán Luis Franco Brantley e Luis Pacheco Zindagi Tamasha Urdú e panxabí Sarmad Khoosat Matar a un muerto Guaraní e castelán Hugo Giménez Canción sin nombre Quechua e castelán Melina León Śniegu już nigdy nie będzie Polaco, francés, ruso e vietnamita Małgorzata Szumowska e Michał Englert Vitalina VarelaEn decembro de 2020, a proposta de Portugal Listen foi descualificada por ter máis da metade dos seus diálogos en inglés: . O comité de selección de Portugal escolleu entón Vitalina Varela: Crioulo caboverdiano e portugués Pedro Costa Colectiv Romanés Alexander Nanau Dorogie tovarishchi! Ruso Andrei Konchalovsky Baamum Nafi Fula Mamadou Dia Dara iz Jasenovca Serbio Predrag Antonijević Wet Season Hokkien, inglés e mandarín Anthony Chen Satamūt fīl-ʿišrīn Árabe Amjad Abu Alala Charter Sueco Amanda Kernell Schwesterlein Alemán Stéphanie Chuat e Véronique Reymond Toorbos Afrikaans Rene van Rooyen Wiren Neerlandés, inglés, hindustaní caribeño e sranan tongo Ivan Tai-Apin Happy Old Year Tailandés Nawapol Thamrongrattanarit Yáng guāng pǔ zhào Mandarín Chung Mong-hong L'Homme qui a vendu sa peau Árabe, francés e inglés Kaouther Ben Hania 7. Koğuştaki Mucize Turco Mehmet Ada Öztekin Atlantyda Ucraíno Valentyn Vasyanovych Alelí Castelán Leticia Jorge Faridaning ikki ming qo'shig'i Uzbeko Yalkin Tuychiev Érase una vez en Venezuela, Congo Mirador Castelán Anabel Rodríguez Ríos Mắt biếc Vietnamita Victor Vu Asa ga Kuru Xaponés Naomi Kawase Dasatskisi Xeorxiano Christos Nikou 200 Meters Árabe e hebreo Ameen Nayfeh

Cambios En decembro de 2020, o filme seleccionado por Portugal, Listen foi descualificado por ter máis da metade do seu diálogo en inglés. O comité de selección portugués enviou un segundo filme, Vitalina Varela. Ese mesmo mes, o filme canadense Funny Boy tamén foi descualificado polo mesmo motivo e o comité de selección enviou 14 jours, 12 nuits. En xaneiro foi descualificado o filme de Belarús, Persischstunden, despois de que se determinase que o pais non exerceu "control creativo" sobre o filme, unha coprodución internacional entre Rusia, Alemaña e Belarús, mais sen cidadáns belarusos en postos clave. A selección de Uzbekistán, Faridaning ikki ming qo'shig'i, foi descualificada porque o comité uzbeko non enviou o filme no formato requirido pola Academia. Non obstante, o filme foi enviado para a seguinte edición. O filme alxeriano Héliopolis foi retirado polo director tras consultar o comité de selección e a Academia, despois de que a estrea no país fose cancelada por mor da pandemia de COVID-19. Os cineastas anunciaron a súa intención de competir na seguinte edición e o filme foi aceptado no ano seguinte. En setembro de 2020, o Ministerio de Información e Comunicacións de Bután anunciou que o país escollera Lunana: A Yak in the Classroom como a súa proposta. Porén, a Academia decidiu que o filme non fora elixido por un comité de selección aprobado. Permitíuse que fose enviado o ano seguinte, conseguindo a primeira candidatura para Bután. A escolla inicial do Canadá, Funny Boy foi descualificada por ter máis da metade do seu diálogo en inglés. O comité de selección canadense enviou un segundo filme, 14 jours, 12 nuits. O Nepal anunciou unha preselección de dous filmes: Aama e Sarita, mais finalmente non enviou ningún.

Notas

93 Categoría:Cinema en 2020