Carmen Buján Freire, nada o 17 de outubro de 1964 en Bueu, é unha diplomática galega.
Traxectoria Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresou en 1993 na carreira diplomática. Os seus primeiros destinos levárona ás representacións diplomáticas españolas en Romanía, Paquistán e Hungría.
Foi voceira asesora da Unidade de Coordinación da Participación de España no Consello de Seguridade das Nacións Unidas e subdirectora xeral de Asuntos Internacionais de Terrorismo. Tamén foi conselleira na embaixada de España en Buenos Aires e directora xeral de Asuntos Estratéxicos e Terrorismo nos anos 2008 e 2010. Entre agosto e novembro de 2010 foi embaixadora representante permanente de España ante a Oficina das Organización das Nacións Unidas e os Organismos Internacionais con sede en Viena. Entre agosto de 2018 e agosto de 2019 traballou como embaixadora de España en Mozambique.
Notas
Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados en Bueu Categoría:Embaixadores de España en Mozambique