Para outros artigos referidos a persoas con nome e apelidos semellantes véxanse as páxinas de homónimos Stanley Robinson (homónimos) e Edward G. Robinson

Edward Stanley Gotch Robinson, nado o 4 de xullo de 1887 en Bristol, e finado en 1976 en Dorset, Inglaterra, foi un numismático británico especializado en moeda da Antiga Roma e da Antiga Grecia, vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico.Mayhew, N. (2011)."Robinson, Edward Stanley Gotch, Sir". Dictionary of Art Historians."Sir Edward Robinson Authority on Greek Coins". En The Times. 15 de xuño de 1976. Páxina 16.

Traxectoria Stanley Robinson naceu no distrito de Clifton, en Bristol, sexto dos sete fillos do comerciante de papel Edward Robinson e da súa esposa, Katherine Frances.

Cursou a súa educación secundaria no Clifton College, de Bristol, e os seus estudos superiores no colexio Christ Church, da Universidade de Oxford.

Ingresou na Escola Británica de Atenas no curso 1910-1911, e no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1912."Sir Edward Stanley Gotch Robinson". The British Museum.

En 1914 alistouse ao exército británico e resultou ferido en combate Francia no transcurso da primeira guerra mundial. Á súa volta ao Reino Unido, logo dun período traballando no Ministerio do Interior, regresou ao Museo Británico, onde foi nomeado conservador auxiliar en 1935 e, finalmente, sucedeu a George Francis Hill como conservador xefe do Departamento de Moedas e Medallas entre 1949 e 1952.

Paralelamente, en 1938 comezou a exercer a docencia da materia de Numismática na Universidade de Oxford e foi asesor do coleccionista de arte Calouste Gulbenkian na súa colección de moedas.

Robinson xubilouse en 1955, aínda que continuou a exercer como asesor do gabinete numismático do Museo Ashmolean, da Universidade de Oxford, ao que en 1964 lle doou a súa colección particular.

No aspecto familiar, Robinsoun casou en 1917 con Pamela Horsley.

Recoñecementos (1910): Premio Barclay Head, do Museo Británico. (1935): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society. (1942): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1955): Doutoramento honorífico pola Universidade de Oxford.

Publicacións Robinson publicou abundantes artigos numismáticos nas principais revistas do sector da súa época, sinaladamente en Journal of Hellenic Studies, en Numismatic Chronicle e en Revue numismatique. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos máis salientables:Bibliografía completa en Kraay, C. M.; Jenkins, K. (1968)."Robinson, E. S. G. (Edward Stanley Gotch)". WorldCat Identities."Robinson, Edward Stanley Gotch 1887-1976 ". Digital Library Numis.

(1923). Catalogue of ancient Greek coins (con G. L. Lampson). Humphreys, Londres. (1927). Catalogue of the Greek coins of Cyrenaica. British Museum, Londres. (1931). The Collection of Capt. E.G. Spencer-Churchill, M.C., of Northwick Park / The Salting Collection in the Victoria and Albert Museum. Oxford University Press. (1933) The Date of the Roman Denarius and Other Landmarks in Early Roman Coinage (con H. Mattingly). H. Milford, Londres. (1933). The Lloyd Collection [Sylloge nummorum Graecorum]. Oxford University Press. (1936). The Newnham Davis Coins in the Wilson Collection of Classical and Eastern Antiquities, Marischal College, Aberdeen (con H. N. Davis). Oxford University Press. (1952). A guide to the exhibition of Roman coins in the British Museum (con H. Mattingly). British Museum, Londres. (1971-1978). A catalogue of the Calouste Gulbenkian collection of Greek coins. Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Kraay, C. M.; Jenkins, K. (1968). "Bibliography of Stanley Robinson's works 1914-1966". En Essays in Greek Coinage Presented to Stanley Robinson. Clarendon Press, Oxford. Páxinas 259-263. Mayhew, N. (2011). "Robinson, Sir (Edward) Stanley Gotch (1887-1976), numismatist". En Oxford Dictionary of National Biography. Sutherland, H. (1977): Edward Stanley Gotch Robinson: 1887-1976. Oxford University Press. ISBN 9780856721670

Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1976 Categoría:Nados en Bristol Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Profesores da Universidade de Oxford Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Persoas relacionadas co museo Ashmolean Categoría:Personalidades sen imaxes