Tareixa de Lisieux (en ), nada como Marie Françoise-Thérèse Martin en Alençon o 2 de xaneiro de 1873 e finada en Lisieux o 30 de setembro de 1897, tamén coñecida como Santa Tareixa do Neno Xesús e da Santa Face, foi unha monxa carmelita descalza católica venerada nos tempos modernos. É coñecida como "a floriña de Xesús" ou, simplemente, "a floriña".

Tareixa foi un modelo moi influente para os católicos e outros a causa da simplicidade e da practicidade do seu achegamento á vida espiritual. Xunto con Francisco de Asís, é unha das santas máis populares da historia da igrexa. O papa Pío X chamouna "a máis grande santa dos tempos modernos".

Tareixa sentiu unha chamada temperá á vida relixiosa e tras superar varios obstáculos en 1888, con 15 anos,The Life of Saint Thérèse of Lisieux uniuse a dúas das súas irmás, Marie e Pauline, na comunidade carmelita enclaustrada de Lisieux (Normandía). Outra irmá, Céline, entrou máis adiante na orde. Pasou 9 anos como relixiosa carmelita, en que desempeñou varios traballos, como o de sancristá e axudante á profesora das novizas. Tras pasar os seus últimos 18 meses no Carmelo nunha "noite de fe" (un tempo en que seica sentiu a Xesús ausente e que mesmo tivo dúbidas sobre a existencia de Deus), Tareixa morreu por tuberculose aos 24 anos.

A súa festividade no calendario romano xeral foi o 3 de outubro dende 1927, ata que en 1969 se trasladou ao 1 de outubro.Calendarium Romanum (Libreria Editrice Vaticana, 1969), pp. 104, 141. Tareixa é moi coñecida en todo o mundo, e a basílica de Lisieux é o segundo lugar de peregrinación máis popular de Francia despois de Lourdes.

Familia Foi a filla máis nova de Louis Martin e Marie-Azélie "Zélie" Guérin, ambos canonizados o 18 de outubro de 2015. O matrimonio tivo 7 fillas (das que sobreviviron 5) e 2 fillos (mortos a moi curta idade): Marie, Sor María do Sagrado Corazón (22 de febreiro de 1860 - 19 de xaneiro de 1940): carmelita en Lisieux (1886)Cronoloxía da vida de Sœur Marie du Sacré-Cœur no sitio do Santuario de Lisieux. Pauline, Sor Inés de Xesús (7 de setembro de 1861 - 28 de xullo de 1951): carmelita en Lisieux (1882). Léonie, Sor Francisca Tareixa (3 de xuño de 1863 - 16 de xuño de 1941): clarisa (1886), posteriormente salesa en Caen (1894). Marie-Hélène (13 de outubro de 1864 - 22 de febreiro de 1870) Marie-Joseph-Louis (20 de setembro de 1866 - 14 de febreiro de 1867) Marie-Joseph-Jean-Baptiste (19 de decembro de 1867 - 24 de agosto de 1868)A vida interior da parella nos arquivos do Carmelo de Lisieux. Céline, Sor Xenoveva da Santa Face (28 de abril de 1869 - 25 de febreiro de 1959): carmelita en Lisieux (1894). Marie-Mélanie-Thérèse ( - morta ás sete semanas)Ste Thérèse en quelques dates na web orne.catholique.fr. Thérèse, Sor Tareixa do Neno Xesús e da Santa Face (2 de xaneiro de 1873 - 30 de setembro de 1897): carmelita en Lisieux (1888).

Recoñecemento miniatura|upright|Canonización de Santa Tareixa na Basílica de san Pedro, Roma O impacto de Historia dunha alma, colección dos seus manuscritos autobiográficos, impresa e distribuída un ano despois do seu pasamento foi significativo. O papa Pío XI converteuna na "estrela do seu pontificado". Pío X asinou o decreto para abrir o proceso da súa canonización o 10 de xuño de 1914. Bieito XV, para acelerar o proceso, dispensouna do atraso habitual de cincuenta anos que se requirían entre a súa morte e a súa beatificación. O 14 de agosto de 1921 promulgou o decreto das virtudes heroicas de Tareixa, declarándoa "venerábel". Foi beatificada o 29 de abril de 1923.

O 17 de maio de 1925, Pío XI canonizouna, só vinte e oito anos despois da morte dela. Tareixa foi declarada santa cinco anos e un día despois que Xoana de Arco. Porén, a celebración por Tareixa eclipsou con moito a da lendaria heroína. Segundo The New York Times, máis de 60 000 persoas, a maior multitude estimada dentro da basílica de San Pedro dende a coroación de Pío X vinte e dous anos antes, acudiron á cerimonia. Pola tarde, 500 000 encheron a praza iluminada.

Tareixa de Lisieux é padroa dos aviadores, os floristas e as doenzas. En 1927, Pío XI nomeouna copadroa das misións con Francisco Xabier. En 1944, Pío XII converteuna en copadroa de Francia con Xoana de Arco. Mediante a carta apostólica Divini Amoris Scientia do 19 de outubro de 1997, Xoán Paulo II declarouna a trixésimo terceira Doutora da Igrexa,Pope John Paul II (19 de outubro de 1997), Divini amoris scientia a persoa máis nova e só a cuarta muller.As outras tres son Tareixa de Ávila, Hildegard von Bingen e Catarina de Siena.

A devoción a Tareixa estendeuse por todo o mundo. Segundo algúns biógrafos de Édith Piaf, en 1922 a cantante, daquela unha nena de sete anos, foi curada dunha cegueira tras peregrinar á tumba de Tareixa, aínda non canonizada. miniatura|240px|Con máis de dous millóns de visitantes ao ano, a Basílica de Santa Tareixa en Lisieux é o segundo lugar de peregrinación de Francia, despois de Lourdes. A Basílica de Santa Tareixa en Lisieux, foi consagrada o 11 de xullo de 1954 e converteuse nun centro de peregrinos de todo o mundo. Foi dedicada orixinalmente en 1937 polo cardeal Eugenio Pacelli, futuro Pío XII. A basílica ten asentos para 3000 persoas.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Nados no departamento de Orne Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1897 Categoría:Monxes católicos Categoría:Santos do catolicismo Categoría:Doutores da Igrexa Categoría:Santos patróns de parroquias de Galicia