Francisco Fandiño Piñeiro, coñecido como Chuco, nado en Salceda de Caselas en 1906 e finado en Tui o 9 de decembro de 1936, foi un labrego e político galego.

Traxectoria De San Xurxo de Salceda, militante do PSOE. Concelleiro de Salceda de Caselas. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Tui, na explanada traseira do edificio do Instituto o 9 de decembro de 1936 con Brasilino Álvarez Sobrino, Juliano Díez Álvarez, Adelaido Barredo Sueiro, Camilo Carrero Lorenzo, Manuel Vicente Portela, Francisco Lloret Gándara, Antonio Rodríguez Rodríguez, Venancio Cibeira Rodríguez e Manuel Gómez Besada.El Pueblo Gallego, 10-12-1936, p. 9.

Notas

Categoría:Concelleiros de Salceda de Caselas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Salceda de Caselas Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1936