Donald Herod Peterson, nado en Winona, Mississippi, o 22 de outubro de 1933 e finado o 27 de maio de 2018, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión STS-6.
Traxectoria Peterson graduouse en ciencias pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1955 e era máster en enxeñaría nuclear polo Instituto de Tecnoloxía da Forza Aérea na Base Wright-Patterson da Forza Aérea en 1962.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1969, participando na misión STS-6 e pasando un total de 5,02 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-6
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Mississippi Categoría:Finados en 2018