Suisei (en xaponés, すいせい) ou Planet-A foi unha sonda espacial da axencia xaponesa ISAS (Institute of Space and Astronautical Science) lanzado o 18 de agosto de 1985 mediante un foguete Mu-3S-2 desde o Centro Espacial de Uchinoura.
Características Suisei (Cometa en xaponés) foi lanzada para sobrevoar e estudar o cometa Halley no seu perihelio de 1986. O obxectivo principal era tomar imaxes no ultravioleta da coroa de hidróxeno do cometa nun período de 30 días antes e despois do máximo achegamento. A sonda tamén medíu o vento solar durante un período de tempo maior. Suisei tiña forma de cilindro de 1,4 m de diámetro e 70 cm de alto e 140 quilos de peso, e estabilizábase mediante xiro, cun sistema de propulsión alimentado por hidracina para o control de actitude e de rotación.
A sonda levaba dous instrumentos a bordo:
Unha cámara para o ultravioleta. Un experimento de plasma.
As observacións de Suisei no ultravioleta comezaron en novembro de 1985, obtendo ata seis imaxes por día. O máximo achegamento ao Halley tivo lugar o 8 de marzo de 1986, a unha distancia de 150.000 km do núcleo e sufrindo tan só dous impactos de partículas de po. Despois de finalizar a misión o control enviou á sonda a un sobrevoo da Terra para 1992 como paso previo ao sobrevoo doutro cometa, pero antes do sobrevoo perdeuse o contacto coa sonda.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cometa Halley Mu-3S-2 Centro Espacial de Uchinoura
Ligazóns externas Sitio da ISAS, referido á Suisei
Categoría:Sondas espaciais Categoría:1985