Celsa Pérez Moreiras, nada en León o 25 de decembro de 1912 e finada en Madrid en 2010,Liste e Pintos foi unha farmacéutica vinculada a Galicia.

Traxectoria Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela entre 1928 e 1932. Posteriormente trasladou o expediente a Madrid, aloxándose na Residencia de Estudiantes, e alí traballou no Instituto de Patoloxía Médica do Hospital General de Madrid, dirixido por Gregorio Marañón, publicando dous traballos de investigación.Pintos (2016)

Foi unha das primeiras docentes de Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela, xa que no ano 1933 impartiu clases prácticas da materia de Técnica Física.Pintos (2016) Traballou co catedrático de Farmacia Aniceto Charro, no Instituto de Estudos Regionales e no Laboratorio de Bromatoloxía do Seminario de Estudos Galegos, do que foi colaboradora. Tras o golpe militar de xullo de 1936, foi voluntaria no Laboratorio de Farmacia Militar de Santiago.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Pintos, Xoana (2016): "As mulleres nos estudos experimentais na Universidade de Santiago: 1910-1960". Tese de doutoramento. Universidade de Santiago de Compostela

Ligazóns externas Celsa Pérez Moreiras en Historia das nosas mulleres Ourensás. Mulleres no Seminario de Estudos Galegos no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.

Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Farmacéuticos de Galicia Categoría:Nados en León Categoría:Nados en 1912