O BAE Systems Hawk é un adestrador avanzado a reacción británico monomotor. Voou por vez primeira en Dunsfold, Surrey, o 21 de agosto de 1974 como o Hawker Siddeley Hawk, e posteriormente foi fabricado polas súas compañías sucesoras, British Aerospace e BAE Systems. Ademais de ser usado como adestrador tamén é utilizado como avión de combate de baixo custo.

Entre os operadores do Hawk atópanse a Royal Air Force (destacando o seu uso por parte do seu equipo acrobático, os Red Arrows) e un número considerable de operadores militares estranxeiros. O Hawk aínda se fabrica no Reino Unido e baixo licenza na India por Hindustan Aeronautics Limited (HAL), con máis de 900 aparellos vendidos a 18 operadores de todo o mundo.

Desenvolvemento

Orixe En 1964 a Royal Air Force especificou un requisito (Air Staff Target, AST, 362) para un novo adestrador de rápido a reacción para substituír o Folland Gnat. O SEPECAT Jaguar estaba orixinalmente destinado a este papel, pero ao pouco tempo a RAF decatouse de que sería un avión demasiado complexo para o adestramento rápido en reactores e só un chegou a mercarse un pequeno número de biprazas. En consecuencia, en 1968 Hawker Siddeley Aviation (HSA) comezou os estudos para unha aeronave máis sinxela, inicialmente como proxecto especial (SP) 117.O equipo de deseño estaba dirixido por Ralph Hooper.Flight International 22 de novembro de 1986, p. 61

Este proxecto foi financiado pola compañía como unha empresa privada en anticipación dun posible interese da RAF. O deseño foi concibido para ter asentos en tándem e unha capacidade de combate ademais de adestramento, xa que se consideraba que isto melloraría o potencial de vendas á exportación. A finais do ano HSA presentou unha proposta ao Ministerio de Defensa baseada no concepto de deseño, e a principios de 1970 a RAF publicou o Air Staff Target (AST) 397 que formalizou o requisito de novos adestradores deste tipo. A RAF escolleu o HS.1182 para o seu requisito o 1 de outubro de 1971 e o principal contrato, por 175 avións, asinouse en marzo de 1972.Reed, A., "Modern Combat Aircraft 20: BAe Hawk", Chapter 1 (Ian Allan, 1985) ISBN 978-0-7110-1465-7

O prototipo, o XX154, voou por primeira vez o 21 de agosto de 1974 dende Dunsfold pilotado por Duncan Simpson, piloto de probas xefe de HSA (Kingston), acadando os 20 000 pés nun voo que durou 53 minutos. Todos os avións de desenvolvemento foron construídos sobre modelos de produción e o programa mantívose puntual e dentro do presuposto durante todo o tempo.Field 1976. p. 834 O Hawk T1 entrou en servizo coa RAF a finais de 1976. O primeiro Hawk 50 de exportación voou o 17 de maio de 1976. Esta variante fora deseñada especificamente para o dobre papel de caza lixeiro e adestrador avanzado e tiña unha maior capacidade de armamento que o T.1.Polmar e Bell 2004, p. 388 miniatura|251x251px|Hawk T1 da RAF Seguiron máis variantes do Hawk, e as melloras comúns no deseño base normalmente incluían un maior alcance, motores máis potentes, ás e tren de aterraxe redeseñados, a adición de radar e infravermellos de visión frontal, navegación GPS, e compatibilidade con visión nocturna.Polmar e Bell 2004, p. 387-390 Os modelos posteriores fabricáronse cunha gran variedade en canto a equipamentos de aviónica e compatibilidades de sistemas para adaptarse ao país cliente de xeito individual; a funcionalidade da cabina de mando adoitaba a reorganizarse e programarse para que fose común á frota de cazas principal dun operador para aumentar o valor de adestramento do Hawk.

En 1981 un derivado do Hawk foi seleccionado pola Armada dos Estados Unidos como o seu novo avión de adestramento. Designado McDonnell Douglas T-45 Goshawk, o deseño adaptouse ao servizo naval e reforzouse para poder operar directamente dende as cubertas dos portaavións, ademais das tarefas típicas en terra.Polmar e Bell 2004, p. 387 O T-45 entrou en servizo en 1994. Os primeiros avións tiñan cabinas analóxicas, mentres que as últimas entregas xa contaban cunha cabina de cristal dixital. Todas as células foron planeadas para ser sometidas a actualizacións de aviónica a un estándar común.Polmar and Bell 2004, pp. 387, 389-340

Desenvolvemento posterior Un gran competidor do Hawk nas vendas de exportación ten sido o Dassault/Dornier Alpha Jet; o experto en aviación John W. R. Taylor comentou: "O que Europa debe evitar é o tipo de competencia dispendiosa que ten o Hawker Siddeley Hawk e o Dassault-Breguet/Dornier Alpha Jet loitando uns contra outros no mercado mundial".Taylor 1976, p. 63 A principios de 1998 foran vendidos 734 Hawk, sendo máis de 550 deles a clientes de exportación.Phythian 2001, p. 166 Os clientes militares adoitaban a adquirir o Hawk como substituto de avións máis antigos como o BAC Strikemaster, o Hawker Hunter e o Douglas A-4 Skyhawk.Phythian 2001, pp. 156, 239, 246 miniatura|250x250px|Hawk da Royal Navy Nos anos 80 e 90 British Aerospace, a compañía sucesora de Hawker Siddeley, estaba tentando gañar vendas de exportación do avión de ataque Panavia Tornado de á variable; porén, países como Tailandia e Indonesia, que mostraran interese inicial polo Tornado, concluíron que o Hawk era un avión máis axeitado e preferible para as súas necesidades.Phythian 2001, p. 180 Malaisia e Omán cancelaron os seus pedidos de Tornado a comezos da década de 1990, ambos optando por mercar o Hawk no seu lugar.Phythian 2001, pp. 180-181, 246 Os autores Norman Polmar e Dana Bell dixeron do Hawk: "Dos moitos deseños semellantes que compiten por unha parte do mercado mundial, o Hawk non ten igual en rendemento nin en vendas".

O 22 de decembro de 2004 o Ministerio de Defensa premiou a BAE Systems cun contrato para desenvolver un modelo avanzado do Hawk para a RAF e a Royal Navy."Hawk Advanced Jet Trainer". Hansard Column 333W. 26 de xaneiro de 2005. O Hawk Mk. 128, coñecido tamén como Hawk T2, substitúe a instrumentación convencional por unha cabina de cristal, para parecerse máis aos avións de combate modernos como o novo piar da RAF, o Eurofighter Typhoon. En outubro de 2006 asinouse un contrato de 450 millóns de libras para a produción de 28 Hawk 128."BAE lands £450m Hawks contract". Blackpool Today. 20 de outubro de 2006 O voo inaugural da aeronave tivo lugar o 27 de xullo de 2005 desde o aeródromo de Warton de BAE Systems."Hawk Mk 128 Makes Maiden Flight" Air Forces Monthly, setembro de 2005, p. 6

Segundo BAE Systems, en xullo de 2012 venderan case 1000 Hawks, coas vendas continuando. Ese mes o ministro de defensa de Australia, Stephen Smith, confirmou que a frota australiana de Hawk Mk 127 sería actualizada a unha configuración semellante á do Hawk T2 da RAF como unha parte dunha importante actualización de vida media. O Hawk T2 foi considerado como un competidor para o programa T.X da USAF para mercar unha nova frota de adestradores, pero en febreiro de 2015 Northrop Grumman determinou que as deficiencias do Hawk facíano inaxeitado para os requisitos do programa e abandonouno como a súa oferta.

En maio de 2015 o fabricante aeroespacial indio Hindustan Aeronautics (HAL) revelou que estaba examinando as perspectivas de realizar as súas propias actualizacións para o Hawk, incluíndo variantes de ataque lixeiro armadas. A Forza Aérea da India, que estaba en proceso de recibir adestradores Hawk construídos baixo licenza por HAL, mostrouse interesada polas propostas de actualización, que tamén incluirían modificacións de aviónica e cabina; HAL declarou que tamén pretende exportar Hawks de combate a outros países en colaboración con BAE. O desenvolvedor e fabricante de mísiles MBDA pode proporcionar os seus mísiles ASRAAM e Brimstone para armar o novo tipo de ataque.

Deseño O Hawk é un adestrador avanzado cunha cabina de dous homes en tándem, unha á cantilever baixa e impulsado por un único motor turboventilador. A diferenza de moitos dos anteriores adestradores no servizo da RAF, o Hawk deseñouse especificamente para o adestramento.Field 1976. p. 834 Hawker desenvolveu o avión para ter un alto nivel de servizo, ademais de custos de compra e operación máis baixos que os anteriores adestradores como o Jet Provost.Field 1976. pp. 834-835 O Hawk é louvado polos seus pilotos pola súa axilidade.Field 1976. p. 842

O deseño da fuselaxe incluía un diferencial de altura entre os dous asentos da cabina; isto proporcionaba uns xenerosos niveis de visibilidade para o instrutor no asento traseiro.Field 1976. p. 835 Cada praza está equipada con asentos exectables Martin-Baker Mk 10B zero-zero asistidos por foguetes. O aire cara ao motor Rolls-Royce Turbomeca Adour, montado na parte traseira, flúe a través de dúas entradas na parte dianteira das raíces das ás. Durante o desenvolvemento do avión Hawker traballou estreitamente con Rolls-Royce para reducir o consumo de combustible do motor e para asegurar un alto nivel de fiabilidade.

Xa na fase de desenvolvemento pretendíase crear unha variante do Hawk que tamén servise como un caza de ataque ao chan monopraza; tanto o adestrador como o caza desenvolvéronse co mercado de exportación en mente. Nos modelos monopraza a zona do asento dianteiro substitúese por unha baía co electrónica da aviónica e sistemas de a bordo, como un ordenador de control de fogo, radar multi-modo, telémetro láser e infravermellos de varrido frontal (FLIR). Algúns clientes de exportación, como Malaisia, realizaron extensivas modificacións nos seus avións, como un punto de ancoraxe na punta das ás ou unha sonda para reabastecemento en voo.Polmar e Bell 2004, p. 389

O Hawk deseñouse para ser manobrable e poder acadar unha velocidade de Mach 0,88 a nivel de voo e Mach 1.15 nun picado, permitindo así aos alumnos experimentar o voo transónico antes de avanzar a un adestrador supersónico.Field 1976. p. 836 A estrutura é moi resistente e forte, con capacidade para aguantar +9 g; o límite normal na RAF é de +7.5/-4 g.Caliaro, Luigi. In flight with the Red Arrows, A&D Magazine, maio de 1996, p. 51 Un sistema hidráulico dual subministra enerxía para operar sistemas como os flaps, os freos de aire e o tren de aterraxe, xunto cos controis de voo. Ten tamén unha turbina de aire de impacto instalada na deriva para proporcionar enerxía hidráulica de apoio no caso do fallo do motor;Jackson 2003, pp. 479-480 ademais enriba do motor existe unha unidade de potencia auxiliar de turbina de gas.

O Hawk pode levar unha vaíña de canón na liña central, como o ADEN de 30 mm, dúas baixo as ás, e ata catro ancoraxes para armamento e equipamento. En servizo coa RAF o Hawks pode operar mísiles aire-aire Sidewinder. A principios dos 90 British Aerospace investigou a posibilidade de armar o Hawk co mísil anti-buque Sea Eagle para clientes de exportación.Phythian 2001, p. 181 En 2016 BAE Systems estaba desenvolvendo o chamado "Advanced Hawk" cunha nova á con slats no bordo de ataque, máis sensores e armas, un head-mounted display (HMD), e unha gran pantalla única na cabina dianteira.

Historial operativo

Reino Unido miniatura|251x251px|Hawk T.1A do 234 Squadron O Hawk entrou en servizo coa RAF en abril de 1976, substituíndo ao Folland Gnat e ao Hawker Hunter nos roles de adestramento avanzado e adestramento con armas. O Hawk T1 foi a versión orixinal usada pola RAF, e as súas entregas comezaron en novembro de 1976. O usuario máis famoso do Hawk e o equipo acrobático Red Arrows, que adoptou o avión en 1979.

Dende 1983 ata 198 algúns Hawks equipáronse como un interceptor de curto alcance. Modificáronse 88 T1 para que puidesen levar mísiles aire-aire AIM-9L Sidewinder ademais dunha vaíña cun canón ADEN de 30 mm; estes avión foron redesignados como Hawk T1A. Nun escenario de guerra, terían traballado en colaboración cos interceptores Tornado F3 da RAF, que usarían os seus radares de busca Foxhunter e sistemas de navegación máis sofisticados para vectorizar aos Hawks contra obxectivos inimigos.Jane's Defence Weekly, 1986. pp. 395-400