Manuel Domínguez León, nado en Tui en 1904 e finado no mesmo concello o 30 de outubro de 1936, foi un empregado e político galego.
Traxectoria Secretario da agrupación local de Izquierda Republicana de Tui. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Tui con Alejo Diz Jurado, Darío Álvarez Limeses, Serafín Fernández Costas, Julio Fernández Fernández e José Felipe Muñoz o 30 de outubro.El Progreso, 31-10-1936, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1936