miniatura| Emma Calvé en 1896 Rosa Emma Calvet de Roquer, nada en La Sala, Aveyron, o 15 de agosto de 1858 e finada en Montpellier o 6 de xaneiro de 1942, foi unha soprano francesa de orixe catalá coñecida como Emma Calvé. Probablemente foi a cantante de ópera francesa máis famosa da Belle Époque.
Traxectoria esquerda|miniatura| Cartel de Safo Foi alumna de Jules Puget, Mathilde Marchesi, Rosina Laborde e Manuel García.
Debutou como Marguerite en Faust no Théâtre de la Monnaie, Bruxelas, o 23 de setembro de 1881 e tres anos máis tarde apareceu en París na Ópera-Comique. Massenet escribiu para ela dous papeis, as heroínas de La navarraise e Sapho. Interpretou o papel de Suzel en L'amico Fritz de Pietro Mascagni, que máis tarde cantou en Roma. Debido ao seu grande éxito, foi escollida para o papel de Santuzza en Cavalleria rusticana, que foi vista como unha das súas mellores pezas. Repetiu o éxito en Londres. Debutou no Teatro Real de Madrid o 9 de xaneiro de 1895 na ópera Hamlet de Ambroise Thomas.
Cantou frecuentemente no Covent Garden e na Metropolitan Opera e foi coñecida polas súas moitas actuacións de Carmen. Tivo éxito en papeis como Leila e Ophelia. A súa voz, clara na zona alta, era sonora e timbrada na baixa. Grazas a isto puido encarnar unha Santuzza e unha Carmen que fixeron historia. En contraste coa súa contemporánea Bellincioni, Calvé intentou ser moi expresiva e ao mesmo tempo medida.
Foi a gran sacerdotisa da subcultura esotérica de París e chegou a estar comprometida co escritor ocultista Jules Bois. Foi membro da Independent Society for Esoteric Studies, fundada polo ocultista Papus. Dise que era un amante de Bérenger Saunière e que estaba relacionada co asunto de Rennes-le-Château .
Poucos anos antes da súa morte, Calvé confiou as súas memorias a unha editorial que as publicou baixo o título Sous tous les ciels j'ai chanté.
Calvé faleceu o 6 de xaneiro de 1942 en Montpellier, Hérault, e está enterrada en Millau. A súa voz consérvase en numerosas gravacións rea lizadas entre 1902 e 1920.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Liner notes from The Complete 1902 G&T, 1920 Pathé and "Mapleson Cylinder" Recordings Photo of Cabrières Reminiscences of Swami Vivekananda portrait and short bio
Categoría:Nados no departamento de Aveyron Categoría:Nados en 1858 Categoría:Finados en 1942 Categoría:Sopranos Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra