Prospero ou X-3 foi un satélite artificial do Reino Unido lanzado o 28 de outubro de 1971 mediante un foguete Black Arrow desde Woomera (Australia).

Características Prospero ía ser nomeado orixinalmente como Puck e a súa misión foi probar varias novas tecnoloxías necesarias para satélites de comunicacións, como células solares, telemetría e sistemas de enerxía. Tamén levaba un detector de micrometeoritos. Tiña forma de prisma cun diámetro de 1,2 m e unha altura de 0,7 m. A grabadora de a bordo fallou o 24 de maio de 1973, pero o satélite seguiu funcionando. Foi desactivado oficialmente en 1996.

Prospero foi posto en órbita no último voo de proba do foguete Black Arrow, convertendo ao Reino Unido na sexta nación en poñer un satélite en órbita polos seus propios medios.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Black Arrow

Categoría:Satélites artificiais