José Francés Carpintero, nado no Porriño en 1906 e finado en Tui o 27 de agosto de 1936, foi un político galego.
Traxectoria Fillo de José Francés González. Factor na estación ferroviaria do Porriño. Militante do PSOE, foi elixido membro da directiva da Agrupación Socialista do Porriño en 1932. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Tui por traizón con Manuel López Losada o 20 de agosto.El Diario de Pontevedra, 20-8-1936, p. 2. Condenado a pena de morte, foi executado en Tui o 27 de agosto con Manuel López Losada.
Os seus irmáns Antonio e Eleazar Francés Carpintero foron paseados o 22 de setembro, a súa irmá Asunción foi condenada a 15 anos e o seu outro irmán, Eladio, condenado a cadea perpetua.
Vida persoal Casou en 1931 con Elena Valverde Mayo,El Pueblo Gallego, 15-3-1931, p. 11. e foi pai de Josefa e Raúl Francés Valverde.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos