Loujain al-Hathloul (en ), nada en Jeddah o 31 de xullo de 1989, é unha activista e defensora dos dereitos das mulleres de Arabia Saudita, así como prisioneira política no seu país.
Traxectoria
Graduouse na Universidade da Columbia Británica. Al-Hathloul foi detida e posta en liberdade en diversas ocasións por desafiar a prohibición de conducir que pesa sobre as mulleres en Arabia Saudita, e en maio de 2018 foi arrestada, xunto con diversas activistas polos dereitos das mulleres, baixo os cargos de "tentar desestabilizar o reino" logo de ser secuestrada nos Emiratos Árabes Unidos. En outubro de 2018, o seu marido o comediante Fahad al-Butairi foi obrigado a regresar ao seu país dende Xordania, e foi arrestado. Notas
Categoría:Nados en Arabia Saudita Categoría:Nados en 1989 Categoría:Alumnos da Universidade da Columbia Británica Categoría:Feministas de Arabia Saudita