Claudia Roden (Claudia Douek de solteira), nada en 1936 no Cairo, é unha escritora de libros de cociña e e antropóloga cultural británica.
É coñecida como autora de libros de cociña do Oriente Medio, entre eles A Book of Middle Eastern Food, The New Book of Middle Eastern Food e Arabesque—Sumptuous Food from Morocco, Turkey and Lebanon.
Traxectoria Primeiros anos Claudia Roden naceu en 1936 no Cairo, Exipto, filla de Cesar Elie Douek e a súa esposa Nelly Sassoon. Seus pais eran ambos os dous de familias de comerciantes sirio-xudeus, e ela creceu en Zamalek, un acomodado barrio do oeste do Cairo, con dous irmáns, Ellis Douek e Zaki Douek. Foi campioa nacional de natación, modalidade de costas, en Exipto á idade de 15 anos.
Formación En 1953 foi estudar a un internado en París, e despois a Londres para estudar na Escola de Arte de Saint Martin.Ms Claudia Roden, Honorary Fellow, SOAS, University of London . SOAS.Consultada o 5 de xaneiro de 2021.
Carreira Ademais dos seus numerosos volumes de cociña, Roden tamén traballou como escritora gastronómica e presentadora de programas de cociña para a BBC.
É copresidenta, con Paul Levy, do Simposio de Oxford sobre Alimentos e Cociña. É membro honorario da Escola de Estudos Orientais e Africanos da Universidade de Londres.
Vida persoal En 1959 casou con Paul Roden, un importador de roupa, do que se separou despois de 15 anos de matrimonio. Tiveron tres fillos, Simon, Nadia e Anna.Joan Nathan: Claudia Roden en The Encyclopedia of Jewish Women .
Ela vive en Hampstead Garden Suburb, no Gran Londres, desde principios da década de 1970.
Actividades e premios Roden é patrocinadora da organización benéfica contra o VIH, con sede en Londres, The Food Chain (A Cadea de Comida).
En 1999 Claudia Roden foi honrada co "Premio Príncipe Claus" da Fundación Príncie Claus, unha organización internacional de cultura e desenvolvemento con sede en Ámsterdam.
En 1997, Roden recibiu o "Premio Nacional do Libro Xudeu" na categoría de Costumes e Cultura Sefardí e Asquenací polo libro The Book of Jewish Food (O libro da comida xudía).
O seu libro The Food of Spain gañou o premio do Instituto Andaluz de Cualificaciones Profesionales (IACP) na categoría internacional de libros de cociña publicados en 2011.
Relacións con España Roden viaxou a numerosos países para visitar as pegadas dos xudeus, entre eles España. Durante moitos anos, Roden resistiu a ir. «Primeiro de todo, non iría por mor de Franco. Despois, serei sincera, fun como o turista», dixo ela. Foi só cando o seu editor estadounidense lle pediu que escribise sobre a comida do país. O seu extenso novo libro, The Food of Spain, tardou cinco anos en completarse e todos os días estaba facendo novos descubrimentos, dixo. «O que me emocionou é que España non perdeu os seus pratos rexionais»", afirmou. Até a década de 1950, o 80 % da poboación vivía no país. O Instituto catalán de gastronomía envioulle todo o seu arquivo. Había 900 receitas, e iso só nunha rexión. Na súa visita a Asturias, sobre a mesa do seu anfitrión había salmón afumado e unhas tortas holandesas de améndoas que quería que probara, e na ola estábase a cociñar un prato que en Asturias chaman "crema de mazá"; «polo xeral, isto tómase frío; a parte superior está caramelizada, como unha crème brûlée, pero hoxe vai frío, así que a comeremos quente» dixo o anfitrión. Roden, unha persoa cálida e riseira con ollos extraordinariamente amendoados, óllame. «É moi reconfortante, non? di, comezando a comer seu prato». A crema de mazá é unha das receitas do libro. Entre outros encóntranse a do polo con mazás e uvas (outro prato asturiano), o arroz con cogomelos, propio de Cataluña e a Comunidade Valenciana, e a torta de Santiago, a torta de améndoas típica de Santiago de Compostela que leva o nome do apóstolo cuxas reliquias se cre que están enterradas na catedral de Santiago de Compostela, en Galicia.
Na súa viaxe a Asturias foi acompañada polo gastrónomo Pepe Iglesias.Claudia Roden (2011): The Food of Spain. Nova York, NY, USA: Harper Collins Publ. USA. ISBN 978-0-0619-6962-1.
O libro The Food of Spain Seu recentemente publicado libro The Food od Spain é enorme, con 608 páxinas, e está ilustrado con fotografías de Jason Lowe, tanto dos pratos como dos lugares onde son típicos eses pratos. Leva un prólogo de Ferran Adrià, cociñeiro que revolucionou o mundo da gastronomía, aínda que o libro está realmente dedicado aos pratos rexionais tradicionais. O tamaño deste libro significa que o ten todo. Ademais das recitas inclúe anécdotas sobre persoas do panorama gastronómico español, chefs e cociñeiros domésticos, cultivadores e produtores grandes, e pequenos campesiños, achegan a súa visión persoal. Por exemplo, nas notas introdutorias á receita de rabo de touro, Roden escribe sobre a receita clásica deste famoso prato, «a forma en que se facía tradicionalmente coas colas de touro que se entregaban como trofeo aos toureiros, e o que se chaman rabos de boi nos Estados Unidos non teñen nada que ver, senón que son as do gando de carne común. Despois dunha cocción longa e lenta, a carne vólvese tenra como a seda, e a salsa é rica e xelatinosa, cos sabores embriagadores achegados polo viño e o brandy: este prato é un luxo». E, antes da receita do gazpacho, di que un seu amigo fai o gazpacho só con tomates, allo, vinagre e aceite de oliva producidos por el, e que fai «grandes cantidades, que verte en botellas de dous litros de refresco para que el, a súa irmá e calquera amigo que estea cerca poidan tomalo en calquera momento do día».
Obras miniatura|upright=1.5|Claudia Roden (dereita) e Paul Levy (centro) entro os relatores do Oxford Symposium on Food and Cookery, 2006 1968: A Book of Middle Eastern Food, ISBN 978-0-394-71948-1 1970: A New Book of Middle Eastern Food, ISBN 978-0-14-046588-4 1981: Picnic: The Complete Guide to Outdoor Food, 1981: Coffee, 1986: Middle Eastern Cooking, 1987: Mediterranean Cookery, 1990: The Food of Italy, 1992: Claudia Roden's Invitation to Mediterranean Cooking: 150 Vegetarian and Seafood Recipes, 1999: Coffee: A Connoisseur's Companion, 1999: Tamarind and Saffron: Favourite Recipes from the Middle East, 2000: The New Book of Middle Eastern Food, 2001: Picnics: And Other Outdoor Feasts, 2003: Claudia Roden's Foolproof Mediterranean Cooking, 2003: Prólogo a Traditional Moroccan Cooking por Madame Guinaudeau, 2004: The Arab-Israeli Cookbook: The Recipes, with Robin Soans, 2005: Arabesque - Sumptuous Food from Morocco, Turkey and Lebanon, 2006: Arabesque: A Taste of Morocco, Turkey, and Lebanon, 2007: Simple Mediterranean Cookery, 2011: The Food of Spain,
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Claudia Roden, entrada por Joan Nathan en Jewish Women: A Comprehensive Historical Encyclopedia (Jewish Women's Archive), 20 de marzo de 2009. Claudia Roden, entrevista por Máirtín Mac Con Iomaire (Oxford Oral History Project). Take the Spice Route - artigo de Roden. Biografía en Penguin Books. Biografía na BBC.
Categoría:Escritores do Reino Unido Categoría:Cociñeiros do Reino Unido Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados no Cairo Categoría:Nados en 1936