Lunana: A Yak in the Classroom (en ) é un filme butanés de 2019 dirixido por Pawo Choyning Dorji. Estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Londres. Foi escollido como candidato de Bután para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais foi descualificada. Non obstante, foi enviado o ano seguinte, chegando a clasificarse na lista curta de decembro, e sendo nomeado en febreiro de 2022.
O filme gañou o Premio da Audiencia ó mellor filme e ó "mellor do festival" no Festival Internacional de Cinema de Palm Springs. Na 26ª edición do Festival de Cinema della Lessinia en Italia, o filme foi galardoado coa Lessinia d'Oro ó mellor filme do festival, o premio "Giuria Microcosmo del carcere di Verona" e unha mención especial no premio "Log to Green". No Festival Internacional de Cinema de Saint-Jean-de-Luz, gañou o Prix du Public, e Sherab Dorji foi galardoado co premio ó mellor actor polo seu papel como Ugyen Dorji.
Sinopse Ugyen, un mestre de escola no seu último ano de prácticas, é enviado á remota vila de Lunana, no norte de Bután. Alí deberá superar a grande altitude, a falta de comodidades e o xélido inverno.
Personaxes Sherab Dorji como Ugyen Dorji Ugyen Norbu Lhendup como Michen Kelden Lhamo Gurung como Saldon Kunzang Wangdi como Asha Jinpa Tshering Dorji como Singye Sonam Tashi como Tandin Pem Zam como Pem Zam Tsheri Zom como avoa de Ugyen
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Bután propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 93ª edición dos Óscar Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua dzongkha Categoría:Filmes de Bután Categoría:Filmes rodados en Sidney Categoría:Filmes rodados en Bután Categoría:Filmes ambientados en Sydney Categoría:Filmes ambientados en Bután Categoría:Filmes sobre inmigración Categoría:Filmes sobre educadores