Na mitoloxía grega, Euristeo foi o fillo de Esténelo (fillo de Perseo) e de Nícipe (filla de Pélope). Foi rei da Argólida (rexión que comprendía Micenas, Argos, Midea e Tirinto). Casou con Antímaca, filla de Anfidamante Pseudo-Apolodoro: III, 9, 2.. miniatura|esquerda|Heracles entrega o xabaril de Erimanto a Euristeo, que se esconde aterrado nunha cántara baixo terra (cerámica de figuras vermellas, c. 510 aC, Museo do Louvre) Á vez que Nícipe estaba xestante, tamén o estaba Alcmena, embarazada de ZeusAnfitrión, o home de Alcmena, era sobriño de Esténelo, o home de Nícipe.. Durante o embarazo, Zeus prometeu o trono de Micenas ó primoxénito da estirpe de Perseo, dando por suposto que sería o seu fillo, Heracles Pseudo-Apolodoro: II, 4, 5.. Pero Hera, a esposa de Zeus, atrasou o momento do parto ordenando á súa filla Ilitía (deusa dos partos) que o detivese Hera xa utilizara anteriormente á filla co mesmo fin: chegado o momento do parto de Leto, outra amante de Zeus, preñada de Apolo e Artemisa, Hera impediu que Ilitía a atendese (para algúns, retívoa na terra dos hiperbóreos) e persiguiu a Leto para que ningunha terra a acollese. Leto refuxiuse na illa flotante de Ortiguia, hoxe Delos, e estivo de parto sete días. Os deuses, conmovidos, mandaron a Iris, mensaxeira dos deuses, para buscala e, en canto puxo o pé na illa, naceu Artemisa e, logo, Apolo (Terceiro himno homérico a Apolo)., e Ilitía así o fixo, sentando no limiar da porta de Alcmena (do pazo ou da súa habitación) coas pernas pechadas e as mans entrelazadas diante dos xeonllos; á vez que aceleraba o parto de Euristeo. A serva de Alcmena, Galantis (ou Galántide), frustrou o intento e díxolle a Ilitía que Alcmena xa parira, polo que a deusa soltou as mans e se levantou, e así puido por fin producirse o parto. Pero Euristeo xa nacera, setemesiño, e puido facerse co trono de Micenas. miniatura|esquerda|Relevo na fachada occidental de San Marcos de Venecia
Euristeo, rei de Micenas Xa adultos os dous, Hera, celosa das múltiples aventuras do seu marido Zeus, mandou un ramo de loucura contra Heracles, que lanzou ó lume ós seus propios fillos, que tivera con Mégara, e mais dous fillos de Ificles Pseudo-Apolodoro, II, 4, 12. Ificles puido salvar unicamente ó seu fillo Iolao e á propia Mégara..
Recuperada a cordura, Heracles exiliouse e foi ata o oráculo de Delfos para saber qué facer para expiar o pecado cometido. A Pitia mandoulle poñerse ó servizo do seu primo Euristeo, durante un prazo de doce anos, e realizar os dez traballos que este tivera a ben ordenarlle.
Na lenda, Heracles aparece sempre como home forte, fermoso, xeneroso, valente, etc., mentres que Euristeo é un personaxe imperfecto, física e moralmente, pusilánime e covarde. Deste xeito, Euristeo agóchase ante Heracles cando trae á súa presenza os animais monstruosos que lle ordena cazar, ata rematar comunicándose con el mediante un servente, Copreo Copreo, fillo de Pélope, abandonou a Élide tras matar a Ífito, e refuxiouse en Micenas, xunto a Euristeo, que lle purificou e a quen serviu como heraldo., e mandar construír un cántaro de bronce, enterrado, no que poder esconderse no caso dunha posible agresión por parte de Heracles. Foron estes traballos os que forxaron a sona de heroe de Heracles e lle fixeron merecente da apoteose e divinización.
Rematado o tempo de servizo e cumpridos á súa satisfacción os traballos encomendados, Euristeo ofreceu un sacrificio, ó que invitou ó propio Heracles, pero os fillos do rei ofrecéronlle unha ración de carne menor que ós demais invitados, polo que Heracles se sentiu ultraxado e matou a tres deles Grimal, s. v. Euristeo..
Euristeo prohibiu a Heracles asentarse en Tirinto e incluso, trala morte do heroe, prohibiu tamén o regreso de Alcmena, e a de Ificles e mais Iolao. Euristeo seguiu persiguindo a Alcmena e ós heráclidas e obrigou ós reis respectivos que os expulsaran de Corinto e de Traquis. Puideron fuxir e acollerse en Atenas aínda que Euristeo esixiu que a botasen da cidade, aínda que os atenienses se negaron, polo que lles declarou a guerra. Perdendo a contenda, Euristeo fuxiu e foi perseguido por Hilo, o fillo máis vello de Heracles, que lle deu alcance e o matou Píndaro (Píticas, IX, 79) conta que foi Iolao quen o matou.. Cortoulle a cabeza e entregouna a Alcmena, que lle sacou os ollos.
Existe unha tradición, recollida en tempos de Alexandre, que di que Heracles e Euristeo foran amantes, e que aquel realizou os traballos por amor Grimal, s. v. Euristeo..
Notas
Véxase tamén
Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s. v. Euristeo. HIGINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009, 30. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
Categoría:Homes na mitoloxía grega Categoría:Heracles