Manuel Domínguez Carrete, coñecido como Manuel Domínguez, nado no Carballiño en 1975, é un cociñeiro e restaurador galego.

Traxectoria Neto do Guapo, un coñecido polbeiro do Carballiño, e fillo dun empregado de banca, estudou bacharelato no Carballiño, empresariais en Ourense, e despois restauración na escola superior de hostalaría de Vilamarín. Empezou a traballar no restaurante A Carballeira (Santa Cruz de Arrabaldo), un restaurante de vodas e bautizos, e despois na cociña do parador de Monterrei.

Marchou posteriormente traballar a Madrid, onde foi cociñeiro no Goizeko Kabi e en El comité, mentres continuaba formándose en técnicas de cociña ao baleiro. En 2005 abriu o seu primeiro restaurante, Lúa, na rúa Zurbano (no barrio Chamberí), unha das zonas de Madrid de alto poder adquisitivo. En 2012 ampliou o local mudando o restaurante, e conservando o nome, a un espazo próximo na mesma zona da capital española.

En 2015 o seu restaurante conseguiu unha estrela Michelin, que foi renovando ata 2020. O restaurante tamén obtivo dous soles Repsol.

Notas

Categoría:Cociñeiros de Galicia Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Nados en 1975 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Galegos de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes