Juan Rodríguez Lima, nado en Vigo o 1 de marzo de 2002, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de defensa central e lateral esquerdo e o seu equipo actual é o RSC Internacional, de Terceira División RFEF.

Traxectoria Formouse nas categorías inferiores do Coruxo FC durante oito anos e en 2017 entrou na canteira do Deportivo da Coruña, en categoría cadete.

Na tempada 2019/20 debutou co Fabril en Terceira división nun partido contra o CD Pontellas. En total foi titular en 10 partidos co filial do Deportivo, que compaxinou co equipo xuvenil e coas súas primeiras convocatorias por parte de Fernando Vázquez para o equipo principal, co que non chegou a debutar. En outubro de 2020 firmou a súa renovación co equipo coruñés ata 2022, coa opción de ampliar o contrato por dúas tempadas máis.

Na tempada 2020/21 foi xa parte plenamente do filial e na seguinte, coa competencia de Dani Barcia no posto de central, foi recolocado como lateral esquerdo, posición que o equipo de Óscar Gilsanz non tiña ben cuberta. Disputou un total de 57 partidos co Fabril en dúas tempadas, case todos como titular.

En agosto de 2022 foi fichado polo Real Madrid para o seu segundo filial, o RSC Internacional, de Terceira RFEF.

Selección española Juan Rodríguez foi internacional coa selección española en categorías sub-17 e sub-18. Polémicas

En 2023 foi arrestado por difundir imaxes dun encontro sexual con outros dous futbolistas, unha rapaza menor de idade e outra moza.

Equipos TempadaEquipoCategoríaPXGTATV2019-2020 Deportivo Fabril3ª100202020-2021 Deportivo Fabril3ª210412021-2022 Deportivo Fabril3ª26060 PX: Partidos xogados. G: Goles marcados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en transfermarkt.com Ficha do xogador en lapreferente.com

Categoría:Nados en 2002 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes