A foca leopardo (Hydrurga leptonyx) é a segunda especie máis grande de foca do antártico (só por detrás de Mirounga leonina).

Descrición O seu único depredador é a candorca. Aliméntanse dunha ampla gama de presas, incluíndo cefalópodos, outros pinnípedes, krill, paxaros e peixes. É a única especie do xénero Hydrurga. Os seus parentes máis achegados son Ommatophoca rossii, Lobodon carcinophaga e Leptonychotes weddellii, que xuntos son coñecidos como a tribo de focas Lobodontini. O nome hydrurga quere dicir "traballador da auga" e leptonyx é o termo grego para "gadoupa pequena".

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Heacox, Kim. (2006). Deadly Beauty. National Geographic, novembro de 2006 Saundry, Peter. (2010) Leopard Seal. Encyclopedia of Earth. Topic ed. C. Michael Hogan, editor-in-chief Cutler Cleveland, NCSE, Washington DC

Categoría:Pinnípedes Categoría:Mamíferos de Chile Categoría:Animais descritos en 1820