miniatura|300px|Nacemento de Crisaor e Pegaso despois de que Perseo decapitase a Medusa (Edward Burne-Jones, 1876-1885)

Crisaor, na mitoloxía grega, o home da espada de ouro, foi fillo de Poseidón e Medusa.

Naceu, xunto a Pegaso, do pescozo da gorgona Medusa, ó ser decapitada por Perseo, e ó nacer xa portaba unha espada de ouro. Ovidio concreta que naceron do sangue de Medusa que se derramou.

Casou con Calíorre, filla de Océano, coa que procreou dous seres monstruosos: Xerión, o xigante a quen Heracles tivo que roubar o gando para cumprir un dos traballos de lle ordenou Euristeo; e Equidna, nai de Cérbero, Quimera e a Hidra de Lerna, entre outros monstros.

Véxase tamén

Bibliografía

GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981, s. v. Crisaor e px. 446. HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. Hesíodo. Teogonía. Universidad de Salamanca. Curso 2009-2010. 11638: LUZ, MOLÉCULAS Y VIDA. HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009. OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto]. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Categoría:Criaturas da mitoloxía exipcia