Joseph Grafton Milne, nado o 23 de decembro de 1867 en Bowden, Cheshire, e finado o 7 de agosto de 1951 en Oxford, foi un numismático, arqueólogo e historiador inglés.
Traxectoria Milne foi o terceiro dos cinco fillos do comerciante de fíos William Milne, e a súa muller, Ellen Smith.Last, H. (1952). Páxina 112.
Logo de cursar a educación secundaria na Manchester Grammar School, comezou a súa formación universitaria en Estudos Clásicos no Corpus Christy College, da Universidade de Oxford, onde se introduciu na arqueoloxía clásica da man de Percy Gardner. Logo da súa graduación, acadou unha bolsa de investigación que lle posibilitou visitar Grecia nos anos 1890 e 1891, e alí traballou baixo a dirección de W. Loring nas escavacións do sitio arqueolóxico de Megalopolis.
Ao seu regreso a Inglaterra estableceuse en Londres e exerceu como profesor de ensinanza secundaria na Mill Hill School, ata 1893, cando ingresou no Departamento de Educación, no que se mantivo ata a súa xubilación en 1926. Con todo, nos anos seguintes seguiu visitando con frecuencia a área mediterránea: o propio 1893 viaxou a Montenegro e no inverno de 1895-1896 participou nas súas primeiras investigacións en Exipto, a onde regresou en varias ocasións. O interese de Milne por Exipto centrouse no seu período grecorromano.Last, H. (1952). Páxinas 112-113.
Nas súas viaxes foi tomando coñecemento das emisións monetarias gregas na Asia Menor e nas illas, e progresivamente foi desviando o foco das súas investigacións desde Exipto ata a Antiga Grecia, sinaladamente nas súas emisións monetarias.Last, H. (1952). Páxina 113.
Logo do seu retiro en 1926 trasladouse a Oxford, onde tivo coñecemento do establecemento, catro anos antes, da Heberden Coin Room no Museo Ashmolean, que albergaba a colección numismática da universidade. Durante as dúas décadas seguintes, Milne estivo vinculado a este gabinete numismático, primeiro como colaborador, a partir de 1931 como conservador de moedas e ata 1938 tamén como profesor de numismática. Co seu traballo contribuíu á mellora da colección e tamén integrou nela a súa propia colección particular, moi rica en pezas cuñadas nas cidades da Asia Menor e en Alexandría (destas últimas publicou un catálogo en 1933).Véxase (1933) en "Publicacións".
Durante esta última etapa en Oxford, Milne exerceu tamén como bibliotecario na universidade entre 1933 e 1946, e durante a segunda guerra mundial colaborou estreitamente coa Cruz Vermella.Last, H. (1952). Páxina 114.
No ámbito familiar, Joseph Grafton Milne casou en 1896 con Harriet Priestley, a quen coñecera xa na súa época de estudante.
Recoñecementos (1938): Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. (1944): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.
Publicacións Joseph Grafton Milne foi autor de artigos sobre arqueoloxía, historiografía e numismática, e tamén de diversos traballos monográficos; esta é unha escolma dos máis salientables:"Milne, Joseph Grafton 1867-1951 ". Digital Library Numis."Milne, J. G. (Joseph Grafton) 1867-1951". WorldCat Identities.
Monografías (1898). A History of Egypt under Roman rule. Methuen, Londres. (1900). Fayûm Towns and their Papyri (con P. Grenfell, S. Hunt e G. Hogarth). Egypt Exploration Fund, Londres. (1901). El Arábah (con J. Carstang e P. E. Newberry). Quatritch, Londres. (1904). The Osireion at Abydos (con M. A. Murray e W. E. Crum). Quaritch, Londres. (1905). Greek Inscriptions. Oxford University Press. (1911). Historical Studies (con E. B. Knobel et al.). School of Archaeology in Egypt, Londres. (1913). Theban Ostraca (con A. H. Gardiner e H. Thompson). Oxford University Press. (1931). Greek Coinage. Clarendon Press, Oxford. (1933). Catalogue of Alexandrian coins. Oxford University Press. (1934). The Melos hoard of 1907. American Numismatic Society, Nova York. (1937). The development of Roman coinage. Blackwell, Oxford. (1939). Greek and Roman Coins and the Study of History. Methuen, Londres. (1941). Kolophon and its coinage: a Study. American Numismatic Society, Nova York. (1946). The early history of Corpus Christi college, Oxford. Blackwell, Oxford. (1948). Finds of Greek coins in the British Isles. Oxford University Press. (1950). Coin Collecting (con H. Sutherland e J. Thompson). Oxford University Press.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Last, H. (1952). "Joseph Grafton Milne". En The Journal of Egyptian Archaeology. Vol. 38. Páxinas 112-114.
Categoría:Nados en 1867 Categoría:Nados en Cheshire Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Arqueólogos do Reino Unido Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Persoas relacionadas co museo Ashmolean Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Personalidades sen imaxes