Oğuz Tekin, nado en 1958 en Ankara, é un historiador, arqueólogo e numismático turco especializado na circulación monetaria e a historia do diñeiro na Antigüidade.

Traxectoria Oguz Tekin fixo estudos de Arqueoloxía Clásica na Universidade de Istanbul, onde se graduou en 1982, con mestrado en 1987. En 1991 acadou o seu doutoramento na mesma universidade cunha tese titulada Aspendos Sikkeleri ("Moedas de Aspendos"), dirixida por Oktay Aksit.Tekin, Oguz . (1991). Aspendos Sikkeleri (tese de doutoramento). Istambul Üniversitesi. No departamento de Historia Antiga comezou a exercer a docencia a partir da súa graduación, ata acadar a xefatura do departamento entre os anos 2006 e 2016."Oguz Tekin". Academia.edu"Oguz Tekin: CV". Koç Üniversitesi.

A partir de 2017 é profesor do departamento de Arqueoloxía e Historia da Arte da Universidade Koç, de Istanbul, onde ademais dirixe o Centro Suna & Inan Kiraç de Investigación para as Civilizacións Mediterráneas (AKMED)."AKMED Team". Suna & Inan Kiraç Research Center for Mediterranean Civilizations.

Os focos de interese das súas investigacións son a historia do diñeiro na Antigüidade, sinaladamente na área mediterránea, e os pesos antigos do mundo islámico. Desde o ano 2000 é o director en Turquía do proxecto internacional Sylloge Nummorum Graecorum, e desde 2006 coordina o Corpus Ponderum Antiquorum et Islamicorum.

Tekin é membro correspondente do Instituto Alemán de Arqueoloxía desde 2017 e presidente do Instituto Turco de Arqueoloxía desde 2019.

Recoñecementos (2019): Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society."2019 Huntington Award ". American Numismatic Society."2019 Archer M. Huntington Award for Prof. Oguz Tekin". En Coins Weekly. 3 de outubro de 2019.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Vídeo: Charlas de Historia: Prof. Dr. Oguz Tekin (Canle: TRT 2)

Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Ankara Categoría:Numismáticos de Turquía Categoría:Arqueólogos de Turquía Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Alumnos da Universidade de Istanbul Categoría:Profesores da Universidade de Istanbul Categoría:Profesores da Universidade Koç Categoría:Personalidades sen imaxes