Catherine ("Cathy") Helen O'Neil é unha matemática estadounidense, autora do blog mathbabe.org e varios libros sobre ciencia de datos, entre os que se inclúe Weapons of Math Destruction. Foi Directora do Programa Lede en Prácticas de Datos na Escola de Xornalismo da Universidade Columbia, Tow Center e traballou como Consultora de Ciencia de datos en Johnson Research Labs.
Traxectoria O'Neil asistiu á Universidade de Berkeley, conseguiu un doutoramento en matemática pola Universidade Harvard en 1999, logo ocupou cargos nos departamentos de matemática do MIT e do Barnard College, facendo investigación en xeometría alxébrica aritmética.Catherine Helen O'Neil, Mathematics Genealogy.
Deixou a academia en 2007 e traballou durante catro anos na industria financeira, incluíndo dous anos no fondo de cobertura D. E. Shaw. Despois de desilusionarse do mundo das finanzas, O'Neil involucrouse no movemento Occupy Wall Street, participando no seu Grupo Bancario Alternativo.
Recentemente manisfestou as súas reservas ao emprego dos modelos matemáticos para explicar a pandemia de COVID-19.
Publicacións O seu libro Weapons of Math Destruction foi publicado en 2016 (Crown, ) e foi incluído na lista longa para o National Book Award 2016 de non ficción. Este libro foi traducido ao español en 2018 (Capitán Swing. 2018, )
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Encuentro co Cathy O'Neil no Foro Telos 2020
Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Alumnos da Universidade Harvard Categoría:Profesores da Universidade de Columbia Categoría:Escritores de non ficción Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Matemáticos dos Estados Unidos de América