Antonio Santiago Seijo, nado en Viveiro e finado no mesmo concello o 20 de agosto de 1941, foi un comerciante e xornalista galego.
Traxectoria Comerciante e dono dunha librería en Viveiro, foi correspondente administrativo de El Ideal Gallego,El Ideal Gallego, 5-12-1917, p. 3. e La Voz de Galicia en Viveiro. Foi presidente da sociedade recreativa Liceo Popular,Verdad y Justicia, 9-6-1917, p. 7. e en 1927 foi elixido vogal da Cámara de Comercio de Lugo.El Pueblo Gallego, 21-12-1927, p. 21. Foi director de El Landro.Las Riberas del Eo, 11-4-1936, p. 6. Finou en Viveiro o 20 de agosto de 1941.El Progreso, 21-8-1941, p. 3.
Vida persoal Casou na Agualada con Gumersinda Martínez Cabuelo en 1935,La Voz de Galicia, 1-2-1935, p. 2. e foi pai de Concepción, Álvaro, José, Antonia, Manuela, Josefa, Venancia, Hortensia, Dolores e Antonio Santiago Martínez.
Notas
Categoría:Xornalistas de Galicia
Categoría:Nados en Viveiro
Categoría:Finados en 1941 Categoría:Nados en ano descoñecido