Éaco foi fillo de Zeus e da ninfa Exina, á súa vez filla do deus do río Asopo. Zeus raptara a Exina e cando Asopo se decatou, rebordou do seu leito para perseguilo, pero Zeus lanzoulle os seus raios e devolveuno ó seu ser "Por iso, incluso agora, as súas aguas carrexan carbóns", escribía Pseudo-Apolodoro (II, 12, 6) no século I a.C..

Naceu na illa Exina (así chamada polo nome da nai), que era unha illa deserta. Pero Éaco quería reinar sobre outros homes, así que lle pediu a Zeus que convertese as abondosas formigas en homes. Zeus accedeu á súa solicitude e xurdiu así un pobo ó que Éaco bautizou como Mirmidóns (que significa 'formigas'). Este exército loitará na Guerra de Troia baixo as ordes de Aquiles.

Casou con Endeis, filla de Escirón, coa que tivo dous fillos, Telamón e Peleu; outras tradicións só recoñecen como fillo de Éaco a Peleu. Este Peleu foi un dos participantes na partida de caza do xabaril de Calidón Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica I, 8, 2., e os dous formaron parte da expedición dos Argonautas xunto a Xasón Pseudo-Apolodoro I, 9, 16..

Posteriormente uniuse á ninfa Psámate, unha das fillas de Nereo, aínda que se metamorfoseara en foca para fuxir de Éaco, este alcanzouna e tiveron un fillo: Foco "En canto ás fillas de Nereo, vello do mar, Psámata, divina entre as deusas, deu a luz a Foco, unida amorosamente a Éaco, por mediación da dourada Afrodita" (Hesíodo: Teogonía 1004-1006).. Foco sobresaía nos xogos atléticos, o que fixo que os irmáns Telamón e Peleu o mataran por celos. Telamón lanzou un disco que foi dar na cabeza de Foco, matándoo, e enterrou o cadáver no bosque, coa axuda de Peleu. Pero Éaco descubriu o crime e desterrounos ós dous: a Telamón a Salamina e a Peleu a Tesalia. Cando Psámate se decatou de que lle mataran o fillo, vingouse converténdose nunha loba que acabou co gando da illa de Exina.

Esta actuación sobre os seus fillos deulle sona de home extremadamente xusto e piadoso "Éaco foi o máis piadoso de tódolos gregos" (Pseudo-Apolodoro III, 12, 6).. Por tal motivo resultou elixido para dirixir unha oración a Zeus en nome de toda Grecia para solucionar unha grave seca que sufrían os campos do país. A causa deste mal era o asasinato de Estínfalo, rei de Arcadia, por parte de Pélope, fillo de Tántalo Crime que quizais cometera o propio Tántalo.. Logo de matalo, despezouno e esparexeu os restos. Zeus, como castigo, mandara ós campos deixar de dar froito, pero esta pregaria de Éaco logrou o seu perdón.

Existe unha lenda que sitúa a Éaco na construción das murallas de Troia Píndaro cita a Éaco como construtor da muralla, pois era necesaria a participación dun mortal na obra., xunto a Apolo e Poseidón Castigados por Zeus a realizar este traballo porque ámbolos deuses, xunto a Hera, intentaran encadealo.. Unha vez rematada a muralla apareceron tres serpes que intentaron entrar na cidade. As dúas que se achegaron pola parte construída polos deuses morreron, pero a terceira logrou entrar pola parte da muralla construída por Éaco, por un mortal. Apolo entendeu que este feito agoiraba que Troia sería conquistada dúas veces: a primeira, por un fillo de Éaco (que resultou ser Heracles, ó cuxo lado loitaban Telamón e Peleu), e a segunda por Neoptólemo (fillo de Aquiles e bisneto de Éaco).

Á súa morte, Éaco foi nomeado xuíz do Hades, para decidir, xunto a Minos e Radamantis, o destino das almas dos mortos. Segundo Platón (que é o primeiro que menciona a Éaco como xuíz no Hades), Radamantis xulgaba as almas dos orientais e Éaco xulgaba ós occidentais, reservándose Minos o voto decisivo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981. HESÍODO: ''Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. HIGINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009. OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017, VII, 614-642 [a numeración segue a utilizada neste texto]. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].

Categoría:Homes na mitoloxía grega Categoría:Descendentes de Zeus